jueves, 16 de abril de 2026
PIN PON coa profe Sara
miércoles, 15 de abril de 2026
INNOVALAB LECTURA NO PRIMEIRO CICLO
O alumnado do primeiro ciclo está a consolidarse no proceso de aprendizaxe da lectura e da escritura a través de actividades lúdicas e xogos educativos. Esta metodoloxía permite que os nenos e nenas adquiran as competencias básicas de maneira natural, motivadora e significativa, favorecendo o interese pola linguaxe escrita desde idades temperás.
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO PI
Tercer premio Desirée
Segundo premio Carla
Primeiro premio Tatiana
Seguide brillando e facendo grande a curiosidade polas matemáticas
jueves, 9 de abril de 2026
O ritmo do deporte con Bad Gyal
Despois das vacacións, volvemos con ilusión renovada cunha nova emisión do noso programa “O ritmo do deporte”, un espazo no que seguimos a mesturar música e paixón deportiva. Nesta ocasión contamos cunha protagonista moi especial: Bad Gyal, unha das artistas máis destacadas da música urbana actual. Co seu estilo único, que combina dancehall, reggaeton e electrónica, conseguiu abrirse camiño no panorama musical internacional, converténdose nun referente para mozos e mozas. No programa de hoxe achegarémonos á súa traxectoria e á súa relación co mundo do deporte, descubrindo novas conexións entre ritmo, movemento e enerxía.
Agardamos que gocedes desta nova etapa tanto como nós desfrutamos preparándoa. Volvemos co ritmo de sempre… e con máis ganas ca nunca!
miércoles, 1 de abril de 2026
Club de teatro!!
No día mundial do teatro, 27 de marzo, o noso club mergullouse no mundo da improvisación e da posta en escena, deixando voar a creatividade e explorando novas formas de expresión. Entre risas, ensaios e momentos cheos de emoción, foron construíndo pequenas historias que cobran vida sobre o escenario.
sábado, 28 de marzo de 2026
viernes, 27 de marzo de 2026
O ritmo do deporte con Myke Towers
miércoles, 25 de marzo de 2026
domingo, 22 de marzo de 2026
O alumnado de primeiro e segundo participou nun divertido concurso de sopas de letras, no que puxeron a proba a súa atención, vocabulario e capacidade de traballo en equipo.
As actividades xiraron arredor de tres temas: países, animais e comida saudable, espertando a curiosidade e o interese dos nenos e nenas mentres aprendían xogando. Entre risas, colaboración e moito entusiasmo, foron descubrindo palabras agochadas e celebrando cada pequeno logro.
Foi unha experiencia enriquecedora.
CLUB DE LECTURA DE QUINTO
Tivemos unha sesión moi especial do noso club de lectura con alumnado de 5º de Primaria arredor do libro Esmeraldina, a pequena defunta de Ledicia Costas.
Durante o encontro, compartimos impresións sobre a lectura: falamos do que máis nos gustou, dos momentos máis divertidos e tamén dos personaxes que máis nos chamaron a atención. Tamén reflexionamos sobre se recomendaríamos o libro… e a maioría tivemos claro que si!
Entre os personaxes, destacou especialmente unha araña moi curiosa, que deu pé a unha actividade moi creativa e saborosa. Inspirándonos nela, elaboramos unhas arañas terroríficas comestibles, deixando voar a nosa imaxinación.
sábado, 21 de marzo de 2026
Club de poesía de marzo
O sábado 21 de marzo conmemórase o día da poesía.
Este mes na
quedada do noso club fixemos comparacións empregando parécese a… para despois na
lectura dos nosos versos sustituilo por é como
Facer comparacións é o "motor" que move a poesía. Permítennos explicar o que sentimos usando imaxes que todo o mundo pode entender ou ver.
jueves, 19 de marzo de 2026
miércoles, 18 de marzo de 2026
O ritmo do deporte con Aitana
viernes, 13 de marzo de 2026
miércoles, 11 de marzo de 2026
Entrevista a Shakira polo grupo 1
O voluntario do grupo 1 de primaria pasa polo laboratorio da radio para gravar unha entrevista a Shakira!
viernes, 6 de marzo de 2026
O ritmo do deporte con Eladio Carrión
miércoles, 4 de marzo de 2026
INNOVALAB LECTOESCRITURA
O programa Leo Lab ten como obxectivo mellorar a competencia lectora e escritora do alumnado a través dunha aprendizaxe activa e motivadora, baseada no xogo.
Dentro deste programa, o alumnado aprende xogando con xogos moi variados, como buscar e descubrir palabras, completar e construír frases, ordenar textos, asociar imaxes con palabras, escribir pequenos textos e resolver retos relacionados coa lectura. Estes xogos fan que a aprendizaxe sexa máis divertida e adaptada ás diferentes idades e ritmos de aprendizaxe.
V ENCONTRO DA MICRORREDE
domingo, 1 de marzo de 2026
CAMPIONATO DE PUZLES
Celebrouse na biblioteca o Campionato de Puzzles, GRACIAS a mamá de Izan e Uxía, gran aficionada! cunha grande e variada participación.
Pequenos e maiores compartiron un tempo de concentración, colaboración e moita diversión, demostrando que os puzzles son unha actividade perfecta para gozar e compartir en familia. 🧩




.png)

