Mostrando entradas con la etiqueta Voluntarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Voluntarios. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de junio de 2025

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS COA MICRORREDE DA TERRA CHÁ NA CASA HABANERA DE GUITIRIZ


 A Microrrede da Terra Chá Bibliotecas ten o pracer de convidarvos á Exposición de Traballos sobre Toponimia na casa Habanera de Guitiriz, unha mostra do labor realizado polo alumnado e profesorado dos centros pertencentes á nosa microrrede.


Esta exposición recolle proxectos como a clasificación dos herbarios recollidos polo alumnado de E.I e E.P, lendas e refráns recollidos polo alumnado da ESO cos usuarios do Centro de Día Valverde, e una recopilación de poemas de autores chairegos relacionados coa flora do noso contorno.


Agardámosvos con ilusión para compartir esta viaxe pola memoria toponímica da nosa contorna, a través dos ollos e das palabras das novas xeracións.

viernes, 30 de mayo de 2025

ECO RETO MAIO: PRESERVAMOS


Na nosa escola, o alumnado de 5.º e 6.º voluntario de primaria puxémonos un reto moi importante: coidar e preservar a lagoa do noso entorno. Sabemos que a natureza é moi valiosa e que, se non a coidamos, pode desaparecer. Por iso decidimos investigar sobre a Lagoa de Cospeito, os animais e plantas que viven nelas, e pensar que cousas podemos facer para protexelas.

OBRADOIRO DE TEATRO


Comezamos co obradoiro de TEATRO na biblio!
É un pracer darvos a benvida á presentación do noso Obradoiro de Teatro, unha actividade chea de ilusión, aprendizaxe e creatividade, realizada polas alumnas de 4º de Primaria, guiadas coa dedicación e paixón da súa profesora Tamara.

Durante varias semanas, as nosas alumnas mergulláronse no apaixonante mundo do teatro: aprenderon a expresarse, a traballar en equipo, a poñerse na pel doutras persoas e, sobre todo, a gañar confianza en si mesmas.

Este obradoiro non só foi unha experiencia educativa, senón tamén unha aventura artística. Como produto final, temos o pracer de presentarvos unha obra de teatro, resultado do seu esforzo "OS CONTOS DE LOBICÁN"
O público non puido ser mellor o alumnado de infantil, da Garderia e os usuarios do Centro de día.

Moitas grazas e… que comence o teatro!

Reciclaxe de cápsulas de café: Emprego da borra de café como abono e o recipiente como elemento decorativo

 


Esta proposta naceu coa intención de promover a educación ambiental e a conciencia ecolóxica no alumnado de 2º da ESO, a través dun enfoque interdisciplinar baseado na aprendizaxe por proxectos. Partindo dun problema real e próximo —o impacto ambiental do café en cápsulas— deseñouse unha secuencia didáctica que integrase contidos  diversos. O proceso iniciouse coa análise da situación: investigouse a problemática da reciclaxe das cápsulas e as súas posibilidades de reutilización. A partir diso, estruturáronse actividades prácticas e experimentais para avaliar o uso das borras de café como fertilizante, así como propostas creativas para transformar as cápsulas en obxectos artísticos ou funcionais. A planificación organizouse cun calendario equilibrado que permite desenvolver competencias clave e fomentar o traballo cooperativo. A proposta foi elaborada tendo en conta os obxectivos curriculares e os criterios de avaliación, así como a motivación e implicación activa do alumnado na súa aprendizaxe.

sábado, 24 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS E MAIOS

 




O 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas. E a nosa escola preparouse para un día especial na súa víspera!

OBRA DE TEATRO DAS FAMILIAS PARA FAMILIAS

 Agradecemos a Esther a súa colaboración na realización da obra de teatro do " Hombrecito Gris" na nosa biblioteca escolar co alumnado do colexio.
O seu compromiso, creatividade e dedicación fixeron posible unha experiencia inesquecible para o noso alumnado, contribuíndo non só ao fomento da lectura e da imaxinación, senón tamén ao enriquecemento da vida cultural do noso centro.

Grazas por compartir o teu tempo coa comunidade educativa!

martes, 13 de mayo de 2025

VISITA DE MARÍA REIMÓDEZ

 

O luns 12, tivemos na nosa biblioteca a María Reimóndez escritora dalgúns dos libros que limos este curso nos diferentes clubs de lectura como Usha, A formiga destemida, Corredora...

domingo, 11 de mayo de 2025

PREPARANDO A VISITA DE MARÍA REIMÓNDEZ

 Pronto teremos a visita de Maria Reimóndez e o alumnado de quinto de primaria está a preparar varias cousiñas para recibila...preguntas sobre o libro, lecturas de fragmentos, entrevista na radio...

domingo, 4 de mayo de 2025

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO

 

Para conmemorar O Día do libro e, dentro do programa de Bibliotecas solidarias, alumnado de primeiro e segundo da ESO dvisitou o HULA para levar cantigas tradicionais (xa que este ano As Letras galegas adícanse ás cantareiras) algunhas delas recopiladas cos usuarios do Centro de Día de Cospeito e unha das  xerocultoras do mesmo. 

Os alumnos e alumnas visitaron servizos como o de Rehabilitación,  Xeriatría, Hospital de Día... entre outros.

Así mesmo, fixeron entrega de marcapáxinas con refráns galegos a partir dun traballo realizado en colaboración cos usuarios do Centro de Día de Cospeito.

A partir das 12:00 hpras tamén repartiron diversos libros doados polo colexio no hall de entrada ao HULA.

Do 22 ao 25 realización de escaparates literarios na entrada do colexio, un por aula e ademais colaboran a Gardería e o Centro de día. O mellor levará premio🏆.

-O mércores usuarios do Centro de Día farán un contacontos na nosa  biblioteca ao alumnado de infantil as 11.30.

-O xoves o alumnado de infantil asistirá a un obradoiro na escola de maxisterio onde traballarán narrativas de luz e contos con sombras chinesas ademais de visitar unha exposición de libros.

miércoles, 23 de abril de 2025

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

 

Afundación levou hoxe o seu proxecto «Plantando árbores con pinceis» ao CPI Virxe do Monte de Cospeito, onde máis de oitenta rapaces e rapazas elaboraron un mural con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes. 

O artista David Brey, de Vella Escola, foi o encargado de dirixir a creación da obra nun dos muros do centro educativo.

 Durante a mañá, os escolares decoraron tamén bolsas de tea con pinturas ecolóxicas. 

A iniciativa enmárcase no programa da Obra Social de ABANCA «Educación para a sostibilidade», que obtivo en 2024 o premio nacional de Medio Ambiente de CECA.

miércoles, 19 de marzo de 2025

viernes, 14 de marzo de 2025

ÁRBORES XENEALÓXICAS NO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS!!

 

Unha árbore xenealóxica  amosa datos xenealóxicos dun suxeito ou dun matrimonio dun xeito organizado e sistemático. A árbore pode ser ascendente, é dicir que amosa os antergos do suxeito de estudo, ou pode ser descendente, amosando, logo, a súa descendencia.