martes, 28 de noviembre de 2023

25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Este curso, para conmemorar este día, creamos unha porta que abre á non violencia dende o CPI P. Virxe do Monte. Todos xuntos decimos que temos a chave para cambiar de pensar sobre a violencia de xénero. Por iso cada aula elaborou a súa chave con palabras propostas para este día.

miércoles, 22 de noviembre de 2023

DÍA DA INFANCIA: 20 novembro

 Os recreos do luns 20 e martes 21 de novembro foron especiais. Falamos dos dereitos de todos os nenos e nenas.

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

 

 "A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".

Elena Vázquez Cendón

Algunhas das actividades que realizamos 

miércoles, 15 de noviembre de 2023

miércoles, 8 de noviembre de 2023

viernes, 3 de noviembre de 2023

A fundación BREOGÁN e o seu programa "Ningún aro sen rede"!

 Este xoves 2 de novembro tivemos unha super sorpresa polo cole, despois do recreo recibimos a visita de Maximus. Veu acompañado  de Salva Arco, presidente da Fundación Breogán e Ana Traseira, directora da UNED de Lugo. Explicáronnos o seu programa de "NINGÚN ARO SEN REDE".