Este curso elaboramos uns herbarios que levamos a exposición da rede de bibliotecas da Terrá Chá
Esta exposición recolle proxectos como a clasificación dos herbarios recollidos polo alumnado de E.I e E.P, lendas e refráns recollidos polo alumnado da ESO cos usuarios do Centro de Día Valverde, e una recopilación de poemas de autores chairegos relacionados coa flora do noso contorno.
Agardámosvos con ilusión para compartir esta viaxe pola memoria toponímica da nosa contorna, a través dos ollos e das palabras das novas xeracións.
https://www.agalegaaudio.gal/videos/247982-cultugal
Este ano concedéronos o
programa RADIO NA BIBLIO polo que estamos moi motivados en elaborar programas
radiofónicos. Por este motivo, cando vimos o
concurso de podcast escolares, decidimos poñer en práctica o aprendido durante
estes meses e así conmemorar o Día das Letras Galegas dun xeito diferente.
O xurado formado polo Equipo de Cociña tivo foi difícil seleccionar só un gañador polos traballos tan ben feitos, polo que elixiu tres gañadores, a entrega de premios terá lugar o venres 16 coincidindo coa celebración dos maios e Letras Galegas.
O luns 12, tivemos na nosa biblioteca a María Reimóndez escritora dalgúns dos libros que limos este curso nos diferentes clubs de lectura como Usha, A formiga destemida, Corredora...
Para conmemorar O Día do libro e, dentro do programa de Bibliotecas solidarias, alumnado de primeiro e segundo da ESO dvisitou o HULA para levar cantigas tradicionais (xa que este ano As Letras galegas adícanse ás cantareiras) algunhas delas recopiladas cos usuarios do Centro de Día de Cospeito e unha das xerocultoras do mesmo.
Os alumnos e alumnas visitaron servizos como o de Rehabilitación, Xeriatría, Hospital de Día... entre outros.
Así mesmo, fixeron entrega de marcapáxinas con refráns galegos a partir dun traballo realizado en colaboración cos usuarios do Centro de Día de Cospeito.
A partir das 12:00 hpras tamén repartiron diversos libros doados polo colexio no hall de entrada ao HULA.
Do 22 ao 25 realización de escaparates literarios na entrada do colexio, un por aula e ademais colaboran a Gardería e o Centro de día. O mellor levará premio🏆.
-O mércores usuarios do Centro de Día farán un contacontos na nosa biblioteca ao alumnado de infantil as 11.30.
-O xoves o alumnado de infantil asistirá a un obradoiro na escola de maxisterio onde traballarán narrativas de luz e contos con sombras chinesas ademais de visitar unha exposición de libros.
Os alumnos da materia de Expresión Artística conmemoraron o traballo do artista galego Isaac Díaz Pardo realizando unha serie de linograbados nos que versionaron traballos do artista.
Hoxe na nosa biblioteca tivemos a Sabela Gago é actriz, pedagoga e mestra, con gran experiencia. É experta en teatro e compaxina esta disciplina cos seus coñecementos pedagóxicos e terapéuticos para ofrecer obradoiros nos que se aprende a dramatizar textos, sentimentos e emocións co corpo e a voz, partindo de estímulos diversos.