Este curso elaboramos uns herbarios que levamos a exposición da rede de bibliotecas da Terrá Chá
Esta exposición recolle proxectos como a clasificación dos herbarios recollidos polo alumnado de E.I e E.P, lendas e refráns recollidos polo alumnado da ESO cos usuarios do Centro de Día Valverde, e una recopilación de poemas de autores chairegos relacionados coa flora do noso contorno.
Agardámosvos con ilusión para compartir esta viaxe pola memoria toponímica da nosa contorna, a través dos ollos e das palabras das novas xeracións.
Na nosa escola, o alumnado de 5.º e 6.º voluntario de primaria puxémonos un reto moi importante: coidar e preservar a lagoa do noso entorno. Sabemos que a natureza é moi valiosa e que, se non a coidamos, pode desaparecer. Por iso decidimos investigar sobre a Lagoa de Cospeito, os animais e plantas que viven nelas, e pensar que cousas podemos facer para protexelas.
Esta proposta naceu coa intención de promover a
educación
ambiental e a conciencia ecolóxica no
alumnado de 2º da ESO, a través dun
enfoque interdisciplinar baseado na aprendizaxe por proxectos. Partindo dun
problema real e próximo —o
impacto ambiental do café en
cápsulas—
deseñouse unha secuencia didáctica que
integrase contidos diversos. O proceso iniciouse coa análise da situación:
investigouse a problemática da
reciclaxe das cápsulas e
as súas
posibilidades de reutilización. A
partir diso, estruturáronse actividades
prácticas e
experimentais para avaliar o uso das borras de café como
fertilizante, así como
propostas creativas para transformar as cápsulas en
obxectos artísticos ou
funcionais. A planificación
organizouse cun calendario equilibrado que permite desenvolver competencias
clave e fomentar o traballo cooperativo. A proposta foi elaborada tendo en
conta os obxectivos curriculares e os criterios de avaliación, así como a motivación e implicación activa do
alumnado na súa
aprendizaxe.
Afundación levou hoxe o seu proxecto «Plantando árbores con pinceis» ao CPI Virxe do Monte de Cospeito, onde máis de oitenta rapaces e rapazas elaboraron un mural con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes.
O artista David Brey, de Vella Escola, foi o encargado de dirixir a creación da obra nun dos muros do centro educativo.
Durante a mañá, os escolares decoraron tamén bolsas de tea con pinturas ecolóxicas.
A iniciativa enmárcase no programa da Obra Social de ABANCA «Educación para a sostibilidade», que obtivo en 2024 o premio nacional de Medio Ambiente de CECA.
Non é necesario contar con experiencia previa, xa que o obradoiro está pensado para todos os niveis. Ven cos teus fillos e disfruta desta experiencia artesanal única!
Agradecemos a vosa participación e agardámosvos con moita ilusión para pasar unha tarde chea de creatividade e diversión.
Ademais con esta actividade tamén colaboraremos cun mercadillo solidario no IES Leiras Pulpeiro de Lugo para recaudar fondos para un parque infantil no Hula.
A resposta a pregunta de febreiro e o traballiño de marzo.
Un artículo sobre como podemos coidar a natureza e o medio ambiente.
ÁNIMO !!!! OS MELLORES TERÁN CRIPTO MOEDA!!
No mes de xaneiro no cole iniciamos a limpeza dos nosos patios, con esta actividade protexemos, concienzamos e recuperamos o noso patio.
Organizamos grupos e cada mes faremos unha batida polos nosos patios recollendo: plásticos, cartóns, restos de comida, tetra bricks…e concienciando de como deben de reciclalos, baixo o lema de ÚNETE A VOLUNTARIOS POLO MEDIO AMBIENTE: MANTÉN LIMPO O TEU PATIO
Nos recreos da semana do 9 ó 13 de decembro na biblioteca levamos unha actividade vinculada co nadal para decorar os nosos corredores con palabras bonitas. Empregamos cartón e rotus blancos, quixemos representar as casiñas de xenxibre. O nadal é sinónimo de fogar e que bonito é estar na casiña lendo e saboreando uns ricos doces. Aproveitamos esta actividade para enmarcala no eco-reto de decembro do programa Voz natura e darlle así uno novo uso ao cartón.