miércoles, 9 de abril de 2025

OBRADOIRO DE VELAS PARA AS FAMILIAS


 Temos o pracer de convidar a todas as familias  a participar nun obradoiro de velas que se celebrará o 8 de abril ás 16h na nosa biblioteca. Este obradoiro é unha excelente oportunidade para aprender e gozar xuntos en familia, mentres desenvolvemos a nosa creatividade e compartimos un momento especial.

Non é necesario contar con experiencia previa, xa que o obradoiro está pensado para todos os niveis. Ven cos teus fillos e disfruta desta experiencia artesanal única!

Agradecemos a vosa participación e agardámosvos con moita ilusión para pasar unha tarde chea de creatividade e diversión.

Ademais con esta actividade tamén colaboraremos cun mercadillo solidario no IES Leiras Pulpeiro de Lugo para recaudar fondos para un parque infantil no Hula.



Comezamos o obradoiro cunha historia sobre as abellas porque estamos moi comprometidos coa protección do medio ambiente, e as abellas contribúen directamente á seguridade alimentaria a través da polinización. Tamén son esenciais para protexer a biodiversidade.


Raquel, que colaborou coa biblioteca na elaboración das velas, explicounos que hai diferentes tipos de cera: a cera de abella, que utilizabamos para facer velas enrolladas, e a cera natural de soja, que utilizamos para facer velas de diferentes formas, tamaños, cores e olores.
primeiro tivemos que encerar os moldes, mentras a cera derrétese
Tamén poñer a mecha
e despois votar a cera

para derretir a cera ten que estar ao baño maria nin moi quente nin moi fria e darlle moitas voltas
Mentras esperamos pola cera, fixemos velas con cera de abella enrrollando sobre a mecha
quedaron de moitas formas, tamaños e colores
empaquetamos unhas e outras deixámolas secar
e cas que sobraron colaboramos co mercado solidario que terá lugar o 14 de maio no IES Leiras Pulpeiro de Lugo para recadar fondos para un parque na área de pediatría do HULA.
con esta iniciativa tamén colaboraron @s voluntari@as de biblioteca no empaquetado das velas que quedaron secando e elaboración doutras velas






todas estas velas para donar!

e para remate do obradoiro desgustación de mel con pan


                    Grazas a toda a comunidade educativa que colaborou no obradoiro e nesta iniciativa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario