A vindeira semana celebraremos a conmemoración das Letras Galegas, e dende a biblioteca proponse o xogo de quen é quen?
Fíxose una montaxe con fotos do noso profesorado de educación infantil, educación primaria e educación secundaria; relacionado coa homenaxeada “Xela Arias” e co seu libro de poemas adicado ao seu fillo.
Un poema de DARIO A DIARIO:
Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu en ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.
Fárase un concurso para o alumnado que queira participar, o cal deberá cubrir una táboa tratando de adiviñar os nomes dos Mestres que estará na biblioteca, ao lado haberá un buzón para depositar as súas respostas .
A resolución do concurso será na semana seguinte, e os gañadores recibirán un pequeno agasallo.
Algúns dos traballos que se estan facendo nas aulas:
INFANTIL:
Fixemos un mural colaborativo de Xela Arias
SECUNDARIA:
Recursos para traballar a homenaxeada:
RECURSOS SEMINARIO GALÁN(PREMER)