domingo, 25 de octubre de 2026
CLUB DE POESÍA (PRIMARIA): outubro
O venres 23 de outubro reunimonos o club de poesía deste curso de primaria. Tiñamos unha misión, unha vez que recollemos os refráns e ditos do sabor das palabras no que dende a casa se facilitou a colaboración
O RAP CHEGA Á NOSA BIBLIOTECA!
O vindeiro martes, ás 11:00 h, o alumnado de 2º da ESO participará na biblioteca nunha actividade de rap improvisado da man de Nervo, cantante do grupo Rebelión do Inframundo e todo un referente do hip hop galego. 🔥
Durante aproximadamente 100 minutos, a música, a creatividade e a improvisación serán as protagonistas dunha experiencia para xogar coas palabras, explorar o ritmo e descubrir novas formas de expresión en galego.
👏 Desde a biblioteca do CPI Plurilingüe Virxe do Monte queremos agradecer a Ceiba Rimas e ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega que nos escolleran como centro participante nesta iniciativa tan enriquecedora.
💚 Unha oportunidade fantástica para achegar a lingua galega á mocidade a través da música urbana, a cultura e a creatividade.
Que rime a lingua, que soe o galego! 🎤💚












