viernes, 30 de mayo de 2025

Reciclaxe de cápsulas de café: Emprego da borra de café como abono e o recipiente como elemento decorativo

 


Esta proposta naceu coa intención de promover a educación ambiental e a conciencia ecolóxica no alumnado de 2º da ESO, a través dun enfoque interdisciplinar baseado na aprendizaxe por proxectos. Partindo dun problema real e próximo —o impacto ambiental do café en cápsulas— deseñouse unha secuencia didáctica que integrase contidos  diversos. O proceso iniciouse coa análise da situación: investigouse a problemática da reciclaxe das cápsulas e as súas posibilidades de reutilización. A partir diso, estruturáronse actividades prácticas e experimentais para avaliar o uso das borras de café como fertilizante, así como propostas creativas para transformar as cápsulas en obxectos artísticos ou funcionais. A planificación organizouse cun calendario equilibrado que permite desenvolver competencias clave e fomentar o traballo cooperativo. A proposta foi elaborada tendo en conta os obxectivos curriculares e os criterios de avaliación, así como a motivación e implicación activa do alumnado na súa aprendizaxe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario