Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 24-25. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 24-25. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de junio de 2025

domingo, 1 de junio de 2025

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS COA MICRORREDE DA TERRA CHÁ NA CASA HABANERA DE GUITIRIZ


 A Microrrede da Terra Chá Bibliotecas ten o pracer de convidarvos á Exposición de Traballos sobre Toponimia na casa Habanera de Guitiriz, unha mostra do labor realizado polo alumnado e profesorado dos centros pertencentes á nosa microrrede.


Esta exposición recolle proxectos como a clasificación dos herbarios recollidos polo alumnado de E.I e E.P, lendas e refráns recollidos polo alumnado da ESO cos usuarios do Centro de Día Valverde, e una recopilación de poemas de autores chairegos relacionados coa flora do noso contorno.


Agardámosvos con ilusión para compartir esta viaxe pola memoria toponímica da nosa contorna, a través dos ollos e das palabras das novas xeracións.

Actividades en familia!

 



Actividades en familia na aula de cinco anos arredor dos contos!!

viernes, 30 de mayo de 2025

ECO RETO MAIO: PRESERVAMOS


Na nosa escola, o alumnado de 5.º e 6.º voluntario de primaria puxémonos un reto moi importante: coidar e preservar a lagoa do noso entorno. Sabemos que a natureza é moi valiosa e que, se non a coidamos, pode desaparecer. Por iso decidimos investigar sobre a Lagoa de Cospeito, os animais e plantas que viven nelas, e pensar que cousas podemos facer para protexelas.

OBRADOIRO DE TEATRO


Comezamos co obradoiro de TEATRO na biblio!
É un pracer darvos a benvida á presentación do noso Obradoiro de Teatro, unha actividade chea de ilusión, aprendizaxe e creatividade, realizada polas alumnas de 4º de Primaria, guiadas coa dedicación e paixón da súa profesora Tamara.

Durante varias semanas, as nosas alumnas mergulláronse no apaixonante mundo do teatro: aprenderon a expresarse, a traballar en equipo, a poñerse na pel doutras persoas e, sobre todo, a gañar confianza en si mesmas.

Este obradoiro non só foi unha experiencia educativa, senón tamén unha aventura artística. Como produto final, temos o pracer de presentarvos unha obra de teatro, resultado do seu esforzo "OS CONTOS DE LOBICÁN"
O público non puido ser mellor o alumnado de infantil, da Garderia e os usuarios do Centro de día.

Moitas grazas e… que comence o teatro!

Reciclaxe de cápsulas de café: Emprego da borra de café como abono e o recipiente como elemento decorativo

 


Esta proposta naceu coa intención de promover a educación ambiental e a conciencia ecolóxica no alumnado de 2º da ESO, a través dun enfoque interdisciplinar baseado na aprendizaxe por proxectos. Partindo dun problema real e próximo —o impacto ambiental do café en cápsulas— deseñouse unha secuencia didáctica que integrase contidos  diversos. O proceso iniciouse coa análise da situación: investigouse a problemática da reciclaxe das cápsulas e as súas posibilidades de reutilización. A partir diso, estruturáronse actividades prácticas e experimentais para avaliar o uso das borras de café como fertilizante, así como propostas creativas para transformar as cápsulas en obxectos artísticos ou funcionais. A planificación organizouse cun calendario equilibrado que permite desenvolver competencias clave e fomentar o traballo cooperativo. A proposta foi elaborada tendo en conta os obxectivos curriculares e os criterios de avaliación, así como a motivación e implicación activa do alumnado na súa aprendizaxe.

sábado, 24 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS E MAIOS

 




O 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas. E a nosa escola preparouse para un día especial na súa víspera!

OBRA DE TEATRO DAS FAMILIAS PARA FAMILIAS

 Agradecemos a Esther a súa colaboración na realización da obra de teatro do " Hombrecito Gris" na nosa biblioteca escolar co alumnado do colexio.
O seu compromiso, creatividade e dedicación fixeron posible unha experiencia inesquecible para o noso alumnado, contribuíndo non só ao fomento da lectura e da imaxinación, senón tamén ao enriquecemento da vida cultural do noso centro.

Grazas por compartir o teu tempo coa comunidade educativa!

viernes, 23 de mayo de 2025

2º período do programa escolar de consumo de froitas e leite.

Dende o 12 de maio o 23 o noso alumnado pode saborear uns almorzos saudables, cargados de froita e leite. Grazas as axudas para a subministración de productos aos centros escolares (Fogga).

sábado, 17 de mayo de 2025

ENQUISAS DE AVALIACIÓN

ENQUISAS DE AVALIACIÓN ACERCA DA BIBLIOTECA PARA FAMILIAS E ALUMNADO

Podcasts do concurso de Radio. Cultugal premiado na modalidade de 1º e 2º ESO!

 

Este ano concedéronos o programa RADIO NA BIBLIO polo que estamos moi motivados en elaborar programas radiofónicos. Por este motivo, cando vimos o concurso de podcast escolares, decidimos poñer en práctica o aprendido durante estes meses e así conmemorar o Día das Letras Galegas dun xeito diferente.

Papel reciclado, maios e Letras galegas!

  Co gallo da celebración do día das letras galegas elaboramos photocall moi cantareiro e natural.

GAÑADORES DO CONCURSO DE ESCAPARATES LITERARIOS

 

O xurado formado polo Equipo de Cociña tivo foi difícil seleccionar só un gañador polos traballos tan ben feitos, polo que elixiu tres gañadores, a entrega de premios terá lugar o venres 16 coincidindo coa celebración dos maios e Letras Galegas.

miércoles, 14 de mayo de 2025

Que rica están os alimentos da nosa horta

 

 
Áquí vos deixamos un exemplo de economía circular coas leitugas do horto escolar:

1. Produción local e sostible:
As leitugas plántanse e cultívanse no horto do colexio, usando abono natural (como compost feito cos restos orgánicos do comedor).

2. Consumo responsable:
Cando están listas, as leitugas recóllense e empréganse nas comidas do comedor escolar. Así cómense produtos frescos e saudables, sen ter que traelos de lonxe, o que aforra transporte e contamina menos.

3. Xestión de residuos e reutilización:
Os restos da comida (cascas, follas que non se usan, etc.) non se botan ao lixo, senón que se levan ao composteiro do horto. Alí descompoñense e convértense en abono para alimentar outra vez a terra e plantar máis leitugas.

4. Educación e participación:
O alumnado participa en todo o proceso: sementa, recolle, come e axuda a facer compost. Así aprenden a importancia de coidar os recursos e a natureza.

Conclusión:
A economía circular funciona como a natureza: nada se desperdicia, todo se transforma e volve usarse. As leitugas do horto escolar son un exemplo claro de como podemos facer isto no día a día, aprendendo e coidando o planeta.

E así hoxe no comedor comemos leituga do noso horto.

martes, 13 de mayo de 2025

VISITA DE MARÍA REIMÓDEZ

 

O luns 12, tivemos na nosa biblioteca a María Reimóndez escritora dalgúns dos libros que limos este curso nos diferentes clubs de lectura como Usha, A formiga destemida, Corredora...