lunes, 9 de noviembre de 2020

NOVEMBRO O MES DA CIENCIA

Comezamos o mes de novembro agradecendo a súa colaboración aos voluntarios da biblioteca do ano pasado coa entrega dun diploma polo seu bo facer.





Grazas a todos/as por colaborar!!!!



Este mes está adicado a CIENCIA "chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. Xurxo Mariño Alfonso







Deixámosvos aquí esta información



Dende a Biblioteca poñemos a vosa disposición materiais, enlaces, páxinas web para animarvos a que o alumnado realicedes experimentos na casa durante este mes, despois enviadelos ao correo da biblioteca 

sábado, 31 de octubre de 2020

SAMAÍN

 


Ao longo desta semana fixemos actividades relacionadas co Samaín a pesar das restriccións debidas ao COVID.

Durante toda a semana chegaron as fotos das cabazas para decorar o noso corredor, gracias a colaboración das familias!!!



Deixámosvos o vídeo:


PREMEDE PARA SEGUIR LENDO

domingo, 25 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro de 2020, conmemórase o Día das Bibliotecas "A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas sempre ao teu carón" céntrase en destacar o importante papel que sogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir. As bibliotecas escolares amosáronse, e continuan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.

A Biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, eses lugares que están sempre ao noso carón.


Ao longo da semana do 19 ao 23 o alumnado do noso centro foi pasando pola biblioteca, algúns para coñecela, outros para escoitar un conto, outros para ler, outros para recibir o seu carné...e todos/as como agasallo tiveron un marcapáxinas co lema deste ano.

Os nenos/as de tres anos coñeceron a Biblioteca, escoitaron un conto e despois pintaron o seu marcapáxinas.






PREMEDE PARA SEGUIR LENDO

domingo, 18 de octubre de 2020

XORNAL O PAPAGAIO


Este curso  recibimos o xornal O PAPAGAIO en papel, con moitas novidades, máis páxinas e unha nova  web, pero O Papagaio tamén nos facilita a súa versión dixital. 

Premede no enlace

O PAPAGAIO 

jueves, 1 de octubre de 2020

CURSO 2020-2021


Nestas semanas estivemos coa formación de usuarios da nosa Biblioteca, pasaron todas as aulas e explicámoslles como iba a ser este ano o funcionamento.


Algunhas das novedades deste curso será que nos recreos non se farán os préstamos e que poderán ver libros que estén nos expositores que despois deixarán nuns caixóns para facer a corentena e que virán co seu grupo aula.








 O 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." 



Dende a biblioteca  propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben lendo fragmentos  ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...

Podes premer neste enlace para acceder a Escolma de textos de escritoras:

https://drive.google.com/file/d/1gUAZtP_Lk5Uysk3ZAvaCkjV84LCYfXUI/view?usp=sharing



 COMEZAMOS O CURSO 2020-2021




Benvida a todas as nenas, nenos e profes neste comezo de curso no que, xa todas sabemos por que, teremos que asimilar novas  normas, novas formas de comportamento e  novas formas de aprendizaxe.

Preparando os medios de prevención : máscara, distancia de seguridade e xel nas mans.

De tódolos xeitos, somos optimistas  e  agardámos que  sexa un ano coma todos os demaís:  cheiño de novas propostas, novas actividades e  coma sempre... cheíño de soños.


 AQUÍ VOS DEIXAMOS AS PRINCIPAIS IDEAS DO PROTOCOLO DA BIBLIOTECA

Importante :

      Lavado e desinfección de mans antes de entrar e ao saír da biblioteca. (Xel hidro alcohólico accesible na entrada)

      Uso de máscara obrigado para alumnado e profesorado.

      Mantemento do distanciamento social : distancia de seguridade mínima de 1,5m. entre as persoas, e por tanto prohibición dos agrupamentos nas mesas/ recuncho de lectura de BD.

       Lectura, estudo e/ ou traballo en sala: 2 persoas por mesa (revisable segundo cambien as indicacións das autoridades competentes).

      Respectar a distancia de seguridade coa mesa do bibliotecario/-a : 1,5 metros.

      Evitar tocar andéis, mesas e cadeiras, en caso de sentarse non se poderá cambiar de asento.

      Os Mestres antes da súa sesión desinfectarán a zona que vaian usar e o material, esta operación repetirana ao final.

 

Limpeza e desinfección

Importante :

      Rutinas que cómpre incluír na “formación de persoas usuarias” da biblioteca: (por esta orde)

1- hixienización de mans ao entrar e saír da biblioteca, 

2- uso da protección facial estipulada (máscara),

3- mantemento do distanciamento social : distancia de seguridade mínima de 1,5m. entre persoas. 4- hixienización dos postos ocupados ao remate da sesión.

              Limpeza e desinfección diaria da biblioteca. Limparanse e desinfectaranse as instalacións,mobiliario e equipamentos de traballo. Prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes (mostradores, pomos de portas, mesas, mobles, chans).

      Ventilación mínima de 15 minutos entre sesións de uso da biblioteca, e diaria sempre que sexa posible.


 


AFORO E PRESENCIA NA BIBLIOTECA.

-           Durante os recreos  a biblioteca usaráse cada día polo curso asignado en Primaria

 

                        Luns: segundo de primaria

                        Martes:terceiro de primaria

                        Mércores: cuarto de primaria

                        Xoves: quinto de primaria

                        Venres:sexto de primaria

 

Durante os recreos de primaria só se poderán usar os libros dos expositores que despois  se deixarán nuns caixóns cada día para a súa corentena.

O alumnado unha vez que entren a biblioteca poderán sair pero non volver a entrar para evitar o movemento polos corredores.

 

En Secundaria acudirán o alumnado que queira sin asignar nin días nin grupos para facer o préstamo de libros, estudar, buscar información….

 

Mentras dure a pandemia non se empregarán xogos nin ningún material manipulable(ordenadores…).

 

-           Cada semana  cada titoría de Primaria dispoñerá de tempo para que os alumnos/as fagan o préstamo:

 

                        Luns: 2º,5º,6º de primaria

                        Martes:1º de primaria

                        Venres:3º,4º de primaria

 

Cada mestre xestionará o préstamo dos seus alumnos/as en colaboración cun membro da biblioteca , nas horas da biblioteca asignadas. Non podendo devolver o libro ata que volva a biblioteca o día asignado, haberá unha mestra/e da biblioteca para realizar préstamos e devolucións e supervisar a seguridade.

 

O préstamo poderá ir a casa ou quedar no colexio na aula, xa que unha vez devolto pasará pola corentena.

 

En Secundaria o préstamo farase no tempo de recreo, mais tendo moito coidado na manipulación dos libros.

 

Os libros devoltos permanecerán nos caixóns en corentena ata cos coloque o equipo de biblioteca.

 

-           Ademais nas horas que non esté ocupada poderase acudir a biblioteca sempre que se respecten as medidas sanitarias para  a materia de alternativa a relixión u outras actividades.

 

                        Martes:6º de infantil,4º,5º,1º de primaria

                        Mércores: 3º de primaria, 4º de infantil

                        Xoves: 5º de infantil

                       

-           Dado que a nosa biblioteca é bastante grande o aforo será dunha aula para primaria e dezaoito alumnos/as para Secundaria.

 

DOTACIÓN DE MATERIAL.

-           Dotarase as bibliotecas de aula de libros para a lectura cando o soliciten.

 

FAMILIAS.-

 

-       Potenciarase o uso dos recursos non presenciais na dinamización e difusión das propostas e actividades no Blogue da Biblioteca: http://bibliocpivirxedomonte.blogspot.com/

 

E Invitarase a participar en distintas actividades online: contacontos, exposicións...


Respecta as normas!


1.- Limpa as mans con xel hidroalcólico ao entrar e saír.

               2.- Usa sempre máscara.

3.- Respecta sempre as distancias: 1,5m.


4.- Non collas o material: pídeo e traerémoscho.

5.- Nas mesas, senta só onde estea permitido.


6.- Ao rematar, limpa o posto que acabas de usar.

 

Recorda : un pequeno esforzo e coidado axudaranos a todos !


 

 Neste días despedimos a Quino, o xenio creador de Mafalda, cuxas viñetas, creadas fai décadas están tan vixentes hoxe como entón.

Na biblioteca atópanse moitos comic de Mafalda!!!

E tamén deixámosvos aqui estes, debes dar un clic sobre os libros e perxonaxes






Premer no enlace!


BIBLIOTECA DE MAFALDA

 





jueves, 18 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Ola nenas e nenos!!! Chega o verán! Xa sei que estades a pensar que este ano vai ser un pouco “especial”, diferente ao que estamos acostumadas e acostumados. Pero verán, non si? E que significa verán? VACACIÓNS!!!! Descansar deste curso tan duro no que demostrastes as vosas gañas de saír adiante , a vosa valentía e fortaleza cumprindo o confinamento.
Porque o que debedes ter moi moi claro é que tedes que seguir a tomar precaucións e faceres caso dos consellos sanitarios :cumprir coa distancia de seguridade, empregar máscaras na cara e lavar moito as mans. Xa veredes como deste xeito conseguiremos vencelo.
Aproveitade este tempo de lecer para pasalo ben, gozade das pequenas cousas que nos ofrece a vida, que moitas veces nos pasan desapercibidas e aprendemos a valorar cando ocorre algo así. Sede felices! E LEDE UN POUCO, ou un moito!!!