lunes, 22 de abril de 2024

viernes, 22 de marzo de 2024

CONCURSO RECICLAXE DE SOGAMA


Grazas por colaborar no concurso de RECICLAXE

DÍA DAS MULLERES 8M

 

O alumnado deseñou camisetas polo día das mulleres , tendémolas para falar ao mundo sobre o 8M.

ROTEIRO LITERARIO CON ANTIA YAÑEZ


 Hoxe o alumnado do club do de lectura visitou Portomarín coa escritora Antía Yáñez . Coñeceron a historia da vila e agora saben que aínda quedan moitos misterios que descubrir. 

Moitas grazas @yanezantia , por guiarnos e presentarnos os lugares que tiñamos na nosa cabeza despois de ler o libro

CLUB DE LECTURA DE 5º DE E.P.

 

Co ALUMNADO DE 5ºE.P tivemos a xuntanza do CLUB de LECTURA para comentar o libro de LEDICIA COSTAS "Esmeraldina, a pequena defunta"

AS ABELLAS CON FIGURAS XEOMÉTRICAS

 

O alumnado da ESO na materia de plástica e bioloxía levaron a cabo unha investigación sobre as abellas e descubriron que un dos deseños máis eficientes da natureza é unha colmea. Cunha perfección milimétrica nas suas celdas hexagonais, sendo a figura máis eficaz para almacenar a mel.

As verduras molan! Semáforo dos alimentos.

 Os alumnos/as de 4º educación primaria elaboraron uns carteis informativos das verduras e o alumando de 1º elaborou para o comedor un semáforo dos alimentos.

jueves, 21 de marzo de 2024

HAIKUS no día da poesía!

 

Para conmemorar o día da poesía, a semana do 18 ao 21 nos recreos na biblioteca elaboraronse uns paxariños de cartolina. Neles escribiron haikus, poemas curtos que se caracterizan por describir fenómenos da natureza, o cambio das estacións e da vida cotiá da xente. Son de orixe xaponesa.

jueves, 29 de febrero de 2024

Charla PILABOT

  O martes 27 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de primaria tiveron unha charla sobre a reciclaxe de pilas, así como o fomento  de pilas recargables, para producir menos residuos.

Batidos saudables

 Esta semana tivemos unha actividade especial encadrada dentro do Poxecto Nutriescolas no que participa o noso centro. Realizamos a atividade en dúas sesións:

martes, 27 de febrero de 2024

CLUB DE LECTURA DE 1º Y 2º DA ESO

 

O venres xuntámonos parte do alumnado de 1° e 2° no club de lectura. A través dun Kahoot fomos analizando polo miúdo o libro O misterio de Portomarín de @yañezantia . Dentro de pouco poderemos vivir esta historia in situ.

sábado, 24 de febrero de 2024

Día de Rosalía: Os pensamentos de Rosalía!



 

O venres 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía, para iso todo o centro participou nun mural colaborativo para conmemorar esta data.
Empregamos envases de leite para as macetas que sosteñen os pensamentos, debuxamos e pintamos unha imaxe da escritora e demoslle cor a diversas flores para adornar a súa imaxe.

jueves, 15 de febrero de 2024

Visita ao centro de día á volta do entroido!

O xoves 15 de febreiro o alumnado de 3º e 4 º de educación primaria baixaron ao centro de día para festexar o entroido. 

sábado, 10 de febrero de 2024

OS DISFRACES DO 2024 E OS MANDADOS DO MECO!

A semana do 5 ó 9 de febreiro foi moi divertida no cole, comezamos cos mandados do meco para rematar o venres con un super desfile. Este ano, como sabedes, o centro está involucrado en distintos proxectos da natureza e na reciclaxe, de aí a temática dos nosos disfraces. INFANTIL: espantallos, 1º e 2º PRIMARIA: xoaniñas, 2º e 3º PRIMARIA: gatos, 5º e 6º PRIMARIA: xardiñeiros, 1º, 2º, 3º ESO: animais e 4º ESO: nave espacial da reciclaxe.

viernes, 2 de febrero de 2024

DÍA DA PAZ!!!

Polo Día da Paz decidimos facer casiñas para os paxariños con mensaxes significativas deste día.

En Cospeito reciclamos!

No cole reciclamos e axudamos a concienciar aos nenos da importancia de coidar o noso contorno.

Promovemos unha alimentación saudable!

Ao longo do curso no noso cole propoñemos merendas e menús saudables, actividade física diaria, e sobre todo distinguir aqueles alimentos que son perxudiciais para a nosa saúde. Dentro do proxecta NUTRIESCOLAS englobamos obxectivos para a consecución deses contidos. 

lunes, 29 de enero de 2024

RETO XANEIRO: DIVULGAMOS! SAÍDA Á CORUÑA PARA UNHA EXPOSICIÓN DE ANIMAIS: EMOCIÓNS EN PERIGO

 

Fai uns días o alumnado da ESO fixo unha excursión á Coruña para ver a exposición EMOCIÓNS EN PERIGO. Viron unha selección de fotos de animais en peligro de extinción, o proxecto trata de conectar as persoas coa natureza.

domingo, 21 de enero de 2024

CLUB DE LECTURA DE 5ºEP

 

    Esta semana tivemos a reunión do CLUB DE LECTURA de 5º de EP, co libro  "A LAGOA DAS NENAS MUDAS"

COMEZAMOS COS PRÉSTAMOS AO MÁIS PEQUENOS DO COLEXIO!

 



O xoves 18 a clase de 3 e 4 anos e o venres 19 a clase de 5 anos fixeron o seu primeiro préstamo na bibloteca. Que ilusión para todos!!!