sábado, 14 de junio de 2025

Ecoreto_xuño: presumimos

  Este curso elaboramos uns herbarios que levamos a exposición da rede de bibliotecas da Terrá Chá






Antes de rematar o curso quixemos pasar de novo pola nosa radio e gravar un poema que aproveitamos para poñer no ecoreto deste mes do programa de Voz Natura.

Presumimos deste herbario realizado en colaboración coas familias, coa recollida de flora da contorna da Lagoa de Cospeito e a súa identificación.
Co apoio de voluntarias da biblioteca, clasificamos e organizamos as herbas, despois buscando tamén poemas de autores chairegos relacionados con esa flora.
Como actividade final, realizamos un recitado dun poema na radio, combinando natureza, literatura e tradición.
Un proxecto colectivo que pon en valor o noso patrimonio natural e cultural, fomentando a participación e o amor pola nosa terra.

Contamos con vós para seguir debuxando e creando novas aprendizaxes. Grazas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario