sábado, 31 de octubre de 2026

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS



Poñemos a biblioteca a punto: formación de usuarios

Antes de abrir as portas da biblioteca e comezar co préstamo, é fundamental que todos coñezamos ben o seu funcionamento. Este ano, ademais, esta formación adquiriu unha importancia especial, xa que a nosa biblioteca viviu unha importante reforma e reorganización dos seus espazos.

Por iso, ao longo destes días, os diferentes grupos e niveis foron pasando pola biblioteca para participar nas sesións de formación de usuarios, dirixidas tanto ao alumnado como ao profesorado.

Durante estas visitas explicámoslles como está organizada a biblioteca, onde atopar os diferentes fondos e cales son as normas básicas para o seu correcto funcionamento: como coller e colocar os libros, como identificar as distintas seccións a través das cores da CDU e como manter os espazos ordenados e coidados.

Tamén presentamos algunhas das novidades deste curso, como a nova organización dos xogos, clasificados por cores e niveis de dificultade, para facilitar a súa elección e utilización.

Ademais, lembramos os horarios de apertura e préstamo: a biblioteca estará aberta durante os recreos da mañá e da tarde, e as familias tamén poderán achegarse os martes pola tarde. Explicamos cando e como realizar os préstamos, que comezarán proximamente, e fixemos entrega dos carnés de biblioteca ao alumnado novo, para que poida comezar a disfrutar deste servizo.

E, como non podía ser doutro xeito, tamén repartimos os nosos lectómetros, que nos acompañarán ao longo de todo o curso e nos permitirán rexistrar e seguir os libros que imos lendo. Unha pequena ferramenta para visualizar os nosos avances, marcar novos retos e, sobre todo, seguir alimentando o gusto pola lectura. 📚

Tamén presentamos os diferentes clubs e propostas de participación nos que o alumnado pode implicarse.

Por suposto, houbo tempo para descubrir o noso proxecto documental integrado deste curso, «A auga que nos une», o fío condutor de moitas das actividades que desenvolveremos ao longo do ano.

Agora si, coa biblioteca renovada, os espazos organizados e todo o mundo coñecendo as súas posibilidades e normas, xa estamos preparados para comezar!

A biblioteca abre as súas portas. Agardámosvos para ler, descubrir, investigar, crear e compartir!

SAMAÍN

 


SAMAÍN NA BIBLIOTECA: LENDAS, MEDO, TRADICIÓN E MOITA PARTICIPACIÓN!

Un ano máis, o Samaín chegou ao CPI Plurilingüe Virxe do Monte enchendo o centro de misterio, creatividade, historias arrepiantes e moitas ganas de compartir. Desde a biblioteca, e enmarcadas no noso PDI «A auga que nos une», puxemos en marcha diferentes propostas nas que a lectura, a tradición oral, a expresión artística e a colaboración coa comunidade educativa foron as grandes protagonistas.

Foron días de moita actividade nos que as lendas, os relatos de medo, os disfraces e as experiencias compartidas nos permitiron achegarnos á cultura popular desde diferentes perspectivas.

domingo, 25 de octubre de 2026

CLUB DE LECTURA DE ANA FRANK

 

CLUB DE LECTURA MENTIRA

 

CLUB DE LECTURA MUERTE EN EL PRIORATO

 

CLUB DE LECTURA A NEVE INTERMINABLE

 

CLUB DE LECTURA DIPNOI

 

CLUB DE POESÍA (PRIMARIA): outubro

 


 O venres 23 de outubro reunimonos o club de poesía deste curso de primaria. Tiñamos unha misión, unha vez que recollemos os refráns e ditos do sabor das palabras no que dende a casa se facilitou a colaboración




Parabéns!! Xa temos todos os ditos e refráns para poñer nos menús a longo deste curso.!!!!


No menú de novembro aparece o refrán que eleximos!!









O RAP CHEGA Á NOSA BIBLIOTECA!


 🎤 O RAP  CHEGA Á NOSA BIBLIOTECA! 🎶

O vindeiro martes, ás 11:00 h, o alumnado de 2º da ESO participará na biblioteca nunha actividade de rap improvisado da man de Nervo, cantante do grupo Rebelión do Inframundo e todo un referente do hip hop galego. 🔥

Durante aproximadamente 100 minutos, a música, a creatividade e a improvisación serán as protagonistas dunha experiencia para xogar coas palabras, explorar o ritmo e descubrir novas formas de expresión en galego.

👏 Desde a biblioteca do CPI Plurilingüe Virxe do Monte queremos agradecer a Ceiba Rimas e ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega que nos escolleran como centro participante nesta iniciativa tan enriquecedora.

💚 Unha oportunidade fantástica para achegar a lingua galega á mocidade a través da música urbana, a cultura e a creatividade.

Que rime a lingua, que soe o galego! 🎤💚

EXCURSIÓN A VIGO A RECOLLER O PREMIO POLO TRABALLO ARREDOR DO CESTEIRO DE SISTALLO SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL


 

CONCURSO DE RELATOS DE MEDO


 

viernes, 23 de octubre de 2026

ECO RETO OUTUBRO: PROTEXEMOS

Dentro do eco-reto de outubro preparamos a terra e plantamos con moita ilusión, porque cada pequena acción conta para construír un futuro máis verde e sostible. Aprendemos que protexer a natureza comeza por coidar o que temos máis preto, e que sementar hoxe é apostar pola vida de mañá.

sábado, 17 de octubre de 2026

CLUB DE LECTURA OS DOUS DE SEMPRE

 

CLUB DE LECTURA RAPAZAS

 

DETECTIVES DA INFORMACIÓN


 

O SABOR DAS PALABRAS


SAMAÍN

 

COMO ESCOITAR UN PÓDCAST

 


17 de outubro: día internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial: AS VOCES DA MEMORIA

"As voces da memoria" é un programa feito polo club de radio de 6º de EP. Primeiro, Laura e Emma empregaron a gravadora e baixaron ao centro de día de Cospeito recoller información sobre contos e refráns dos nosos maiores. Unha vez feita esa recollida de información prepararon entre todos un pódcast para dar voz e celebrar o día internacional do patrimonio cultural inmaterial (17 de outubro). Este día pretendese sensibilizar á poboación mundial sobre a importancia de protexer e salvagadar o “patrimonio vivo”. Participantes neste club de 6º de EP: LUIS- LAURA-EMMA- NAIA-THAIS- ALBA e ANTÍA. 

lunes, 5 de octubre de 2026

Volvemos ao cole e como está o noso horto? Comezamos apañando as patacas!

 

🥔🌱 Fai uns días tocou colleita na nosa horta! 🌱🥔O alumnado voluntario puxo as mans na terra para recoller as patacas que fomos coidando ao longo destes meses. 💚👩‍🌾👨‍🌾Unha actividade na que aprendemos que detrás de cada alimento hai traballo, paciencia, coidados e moito agarimo. 🌿✨E que ilusión atopar cada pataca agochada baixo a terra! 🥔😄

👏 Grazas ao noso alumnado voluntario por participar, coidar o horto e facer posible esta colleita!