lunes, 5 de octubre de 2026

Volvemos ao cole e como está o noso horto? Comezamos apañando as patacas!

 

🥔🌱 Fai uns días tocou colleita na nosa horta! 🌱🥔O alumnado voluntario puxo as mans na terra para recoller as patacas que fomos coidando ao longo destes meses. 💚👩‍🌾👨‍🌾Unha actividade na que aprendemos que detrás de cada alimento hai traballo, paciencia, coidados e moito agarimo. 🌿✨E que ilusión atopar cada pataca agochada baixo a terra! 🥔😄

👏 Grazas ao noso alumnado voluntario por participar, coidar o horto e facer posible esta colleita!

Así estaba todo cando chegamos en setembro...




























Comezamos  apañando as patacas cos voluntarios:







Esta mesa foi mercada cos cartos do premio do curso pasado de Voz Natura, o noso maior gusto é ver como o noso alumnado a emprega no patio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario