domingo, 12 de mayo de 2024

APERTURA DA BIBLIOTECA AS FAMILIAS

 

Despois de intentalo en varias ocasións chegou o día, foi unha tarde cargada de emocións, de música, de risas, de xogos, de galletas...a partir de agora, esperámosvos os martes a partir das 16h.
Grazas a todas as familias que viñeron a pasar a tarde con nós!

AS FAMILIAS CONTAN...

As familias son moi importantes no noso centro e estamos moi contentas/os de poder compartir momentos xuntos no noso día a día. Con motivo da apertura da nosa biblo queremos dedicarlle esta publicación a todas as familias do CPI Plurilingüe Virxe do Monte, que mediante unha representación de familias pasastes ao longo dos anos polo noso centro. Moitas grazas a todas/os.

EXCURSIÓN DE ALUMNADO De 2º ESO A HÁBITATS. NATURALEZA EXTENDIDA

 

É unha experiencia sensorial inmersiva que atravesa a diversidade de ecosistemas do planeta Terra. é unha viaxe polos cinco continentes, nos trasporta por nove destinos nos que podemos convivir e interactuar con animais e plantas grazas a realidade virtual e realidade aumentada.