domingo, 14 de junio de 2026

EXCURSIÓN A ARTEIXO A RECOLLER OS PREMIOS VOZ NATURA


 Excursión a Arteixo para recoller os premios Voz Natura

O pasado día 11 de xuño tivemos a sorte de viaxar ata Arteixo para recoller dous importantes galardóns do programa Voz Natura: o premio provincial e o de mellores comunicadores.

A xornada comezou coa asistencia á gala de entrega de premios, amenizada por un sorprendente espectáculo de maxia que fixo gozar a todos os presentes. Durante o acto recibimos os nosos premios, unhas fermosas obras artesanais elaboradas por Antonia, que nos encheron de orgullo e emoción polo traballo realizado ao longo do curso.

Despois da cerimonia, visitamos as instalacións do xornal para coñecer de preto o seu funcionamento. Puidemos ver as impresionantes rotativas, descubrir como se imprime o xornal, observar os enormes rolos de papel e percorrer as oficinas onde traballan os profesionais da información.

Ao rematar a visita, demos un agradable paseo polo paseo fluvial de Arteixo, un entorno natural perfecto para descansar e repoñer forzas. Finalmente, gozamos dunha divertida xornada de xogos no parque, compartindo momentos inesquecibles cos nosos compañeiros e compañeiras.

Foi un día moi especial, cheo de aprendizaxes, emocións e celebracións.

Diferentes publicacións na prensa relacionadas co noso centro

Venres 5 de xuño de 2026


Luns 8 de xuño de 2026

Martes 9 de xuño de 2026


Venres 12 de xuño de 2026









PREMIO Á MELLOR COMUNICACIÓN
PREMIO PROVINCIA DE LUGO





ESPETÁCULO DE MAXIA




INSTALACIÓNS DA VOZ DE GALICIA: ollamos a redacción e puidemos comprobar que este xornal presenta   13 edicións locais, coñecemos a impresión e vimos os bosques de papel con diferentes tamaños de bobinas que empregan para os diferentes xornais.


















Rematamos a xornada comendo nun parque e despois desfrutamos do seu parque.



























Xa co premio na casa




No hay comentarios:

Publicar un comentario