martes, 2 de junio de 2026

Ábrese o telón...vestiario, ensaios e acción! Club de teatro

 O alumnado voluntario do Club de Teatro puxo o broche final a todo un curso de traballo, ilusión e aprendizaxe coa representación da obra que prepararon ao longo destes meses. O resultado foi espectacular e puido ser compartido en tres pases diferentes: para o alumnado de Infantil, para as persoas usuarias do Centro de Día e para o alumnado do centro que quixo asistir no recreo.
Detrás desta brillante posta en escena hai moitas horas de dedicación, esforzo e compromiso. Durante todo o curso, as nenas e os nenos participantes aproveitaron os recreos para ensaiar, practicar os seus papeis, mellorar a expresión corporal e vocal e coordinar cada detalle da representación.
O traballo non se limitou aos ensaios. O alumnado implicouse tamén na preparación dos decorados, do vestiario e da ambientación do escenario, coidando cada detalle para crear unha experiencia inesquecible para o público.
A resposta do público foi extraordinaria en todos os pases, premiando co seu entusiasmo e os seus aplausos o enorme esforzo realizado polo Club de Teatro. Unha experiencia moi enriquecedora que demostra que a dedicación, o traballo en equipo e a ilusión son capaces de transformar os recreos en momentos de creación artística e aprendizaxe compartida.
Parabéns a todo o alumnado participante polo magnífico traballo realizado e por facer que esta obra brillase con luz propia.
Os recreos da semana do 13 ó 24 de abril a biblioteca convertiuse nunha xastrería. Tocaba diseñar os nosos personaxes para levalos a función.




























E comezaron as funcións!!!! 1-2-3 ACCIÓN!!





































Un ricos xeados para rematar o éxito!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario