Esta semana, como actividade final de curso dentro do programa Lectura e Familia, tivemos a grande sorte de contar na nosa biblioteca coa presenza de María e Carlos, de Migallas. Con eles vivimos unha xornada chea de maxia, música e historias marabillosas que ían saíndo dos cestos, moi en consonancia co noso proxecto de cestería.
A través dos contos Os ovos misteriosos, O libro máxico e Que cousa cousiña é?..., acompañados de cancións, xogos e moita participación, fixéronnos viaxar á imaxinación e descubrir o encanto dos contos. Foi unha experiencia moi especial na que pequenos e maiores gozamos aprendendo, cantando e compartindo momentos arredor da lectura e da música.
Moitas grazas a María e Carlos por encher a nosa biblioteca de alegría, emoción e música.




No hay comentarios:
Publicar un comentario