Este curso volvemos particiapar no concurso de pódcasts con dúas modalidades: infantil e 2º ESO. Fixemos dúas propostas en torno a figura da homenaxeada este ano nas letras galegas: Begoña Caamaño. Foi moi divertido participar nesta nova experiencia, non gañamos pero pasámolo moi ben. Estes pódcast foron gravados no mes de marzo, momento no que nos presentamos ao concurso.
CARAPUCHIÑA VERMELLA
Este ano celebramos o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño. Unha escritora galega que defendía a igualdade e que moitas veces recuperaba historias coñecidas e contábaas dun xeito diferente e feminista. Inspirándonos nela, quixemos imaxinar un conto coñecido doutra maneira.
Creamos a nosa propia versión de Carapuchiña Vermella: unha protagonista valente, libre e dona da súa historia. Begoña Caamaño ensinounos que as historias tamén se poden contar doutra maneira. Esperamos que vos guste.
En 2º ESO recordaron a figura da periodista convertendo o seu programa radiofónico na obra dos eu libro: Circe e o pracer do azul. Todos os persoanaxes compartiron momentos ao longo dos 5 min que dura este pódcast: Circe, Penélope, Ulises e diversos coros que comentan a conversa e dan comezo a historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario