A volta das vacacións de pascua tivo grandes novas. A primeira, que enriba da casca de pino sairon moitas herbas, e puxemonos man a obra de sacar a casca e poñer unha lona debaixo e volvela a cubrir.
En maio rematamos de cubrir coa casca de pino.
Que alegría levamos ao volver das vacacións a nosa ameixeira estaba con froitos!
Plantación de vimbio. O cariño e dedicación fixo que con auga e coidados volveramos das vacacións e comezaramos a ver os bochos do vimbio, estamos convencidas que antes de que remate este curso veremos as folliñas ao seu redor.
En maio observamos como medra a nosa plantación. Que orgullosos estamos de que nos prendera tan ben.
PLANTACIÓNS NOS BANCAIS
Acondicionamento de bancais para poder plantar:
1º EP: remolacha
2º PRIMARIA: porro e semilleiro de cherri.
3º EP: patacas
4º EP : patacas
5º PRIMARIA: tomate cherri, amorodos e repolos.
Semanas despois...
Os días van pasando...e os bancais e os frutais comezan a encherse de vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario