Dende o C.P.I. Plurilingüe Virxe do Monte, participamos na exposición titulada "Do ser e do facer chairego" como parte da microrrede de centros da Terra Chá no museo do Castro de Viladonga.
Tivemos a sorte de ter unha demostración de Pedro Anido, fillo do coñecido como "O Cesteiro de Sistallo" ó que se homenaxea dende o noso centro.
Infantil elaborou un mural homenaxeando a José Anido Goiriz, o noso cesteiro máis querido e recoñecido en Cospeito.
.png)
O alumnado de 4º de infantil inspirouse na cestería para tecer unhas flores primaverais fermosas!
Os neneos e nenas de 5º e 6º de infantil teceron con papeis de cores como auténticos cesteiros en prácticas!


O centro de día Vila de Valverde de Cospeito tamén se puxo mans á obra

En primaria e secundaria practicaron a facendo cestas.
En primeiro e segundo

En terceiro, cuarto, quinto é sexto
Utilizáronse tres técnicas de cestería:
- O enrollado, empregado nos dous tapóns e no tapete elaborado con tiras de papel de periódico enrolladas.
- O trenzado, utilizado nas cestas feitas con papel de periódico dobrado en plano. Baséase no entrecruzamento regular das tiras para crear estruturas resistentes e decorativas.
- O enroscado, empregado nos tapetes e cestas realizados con diferentes tipos de la. Consiste en enrolar e coser fibras arredor dunha base para dar forma ao obxecto.
O alumnado da ESO traballou e investigou sobre as madeiras que se usan na cestería e fixo uns carteis
O profesorado deseñou e fixo marcapáxinas para invitar a toda a comunidade educativa a exposición e chapas para o alumando e usuarios do Centro de Día que acudirán a ver a exposición.
Entrevista a Pedro Anido
E como froito deste proxecto temos unha magnífica exposición no museo do castro de Viladonga.
A inauguración tivo gran afluencia.
Os nenos e nenas de 1º e 2º xa fixeron unha visita á exposición.
Unha iniciativa da Microrrede de Bibliotecas da Terra Chá.
Aberto do 18 ó 5 de xuño de 10.00 a 19.00.
.gif)



































No hay comentarios:
Publicar un comentario