miércoles, 4 de marzo de 2026

V ENCONTRO DA MICRORREDE

 

Hoxe celebramos o quinto encontro da Microrrede da Terra Chá, unha xornada moi enriquecedora na que puxemos en común os múltiples puntos de vista que compartimos nas nosas bibliotecas. O diálogo e a colaboración permitíronnos, ademais, organizar futuros traballos conxuntos que culminarán nunha exposición chea de significado e creatividade.
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao CEIP Insua Bermúdez de Vilalba pola excelente acollida e por abrirnos as portas da súa biblioteca, un espazo que favoreceu o intercambio, a reflexión e o traballo en equipo.
Seguimos medrando xuntas e xuntos, tecendo rede e construíndo proxectos compartidos para a Terra Chá.











No hay comentarios:

Publicar un comentario