domingo, 22 de marzo de 2026

CLUB DE LECTURA DE QUINTO

 


 Tivemos unha sesión moi especial do noso club de lectura con alumnado de 5º de Primaria arredor do libro Esmeraldina, a pequena defunta de Ledicia Costas.
Durante o encontro, compartimos impresións sobre a lectura: falamos do que máis nos gustou, dos momentos máis divertidos e tamén dos personaxes que máis nos chamaron a atención. Tamén reflexionamos sobre se recomendaríamos o libro… e a maioría tivemos claro que si!
Entre os personaxes, destacou especialmente unha araña moi curiosa, que deu pé a unha actividade moi creativa e saborosa. Inspirándonos nela, elaboramos unhas arañas terroríficas comestibles, deixando voar a nosa imaxinación.


A historia conta a vida de Esmeraldina, unha nena que morre e pasa a vivir como pantasma nun lugar moi especial: o Hotel Fantastique, onde habitan todo tipo de seres estraños e divertidos.

Ao principio, Esmeraldina ten que adaptarse á súa nova vida como defunta, coñecer as normas do mundo dos mortos e aprender a convivir con personaxes moi peculiares.

No hotel vive aventuras, fai novos amigos e descobre que, aínda que está morta, pode seguir aprendendo, divertíndose e sendo valente.

Ao longo da historia, tamén terá que enfrontarse a problemas e situacións perigosas, demostrando intelixencia e coraxe.

 












No hay comentarios:

Publicar un comentario