miércoles, 18 de marzo de 2026

O ritmo do deporte con Aitana

 O grupo de radio da ESO está a facer un gran traballo co seu programa dos martes, “O ritmo do deporte”.

Trátase dunha proposta creativa e orixinal, na que conseguen unir dous mundos que conectan moito coa xente nova: a música e o deporte. As entrevistas a artistas musicais vinculados ao ámbito deportivo amosan curiosidade, iniciativa e unha grande capacidade de comunicación.

É especialmente valioso o proceso que hai detrás de cada emisión: investigar sobre os convidados, preparar contidos, organizar as ideas, seleccionar a música axeitada e realizar as gravacións. Todo isto require responsabilidade, coordinación e moito esforzo en equipo.

Ademais, estades a traballar como auténticos profesionais da radio. Por unha banda, comprendendo o papel do técnico de radio, que se encarga de que todo soe ben, controlando o audio e facendo que o programa flúa sen erros. Por outra, utilizando a escaleta, ese guión que organiza cada parte do programa e permite que locutores e técnicos saiban en todo momento que facer.

Parabéns polo voso traballo, pola ilusión que lle poñedes e polo moito que estades mellorando grazas a este proxecto. Estades demostrando que, con dedicación e creatividade, pódense facer cousas moi interesantes e de gran calidade. Seguíde así!









Que é unha escaleta?
O guión que serve para o técnico e os locutores para seguir un programa:



E agora deixamosvos co programa:

No hay comentarios:

Publicar un comentario