jueves, 19 de marzo de 2026

Formación radio para voluntarios

O luns 23 de febreiro tivemos o pracer de contar con Sara Meijide, redactora de Radio Lugo da Cadena SER, xornalista, presentadora e tamén formadora, que estivo con nós na nosa biblioteca para desenvolver unha enriquecedora sesión co alumnado do Club de Radio.
Durante a xornada, Sara comezou por coñecer un pouco mellor aos nenos e nenas, interesándose polos seus gustos, inquietudes e intereses. A partir dese primeiro contacto, o alumnado foi elixindo de maneira participativa as temáticas sobre as que lles gustaría falar nos seus programas de radio. A continuación, iniciouse o traballo de investigación: buscaron información, contrastaron datos e aprenderon a seleccionar os contidos máis relevantes. Con todo ese material, pasaron á creación do guión radiofónico, coidando a estrutura, a linguaxe e o ton axeitado para un programa de radio.Unha vez preparados os guións, acudiron á radio para realizar a gravación dos programas, poñendo en práctica técnicas de locución, entoación e traballo en equipo. Finalmente, xa de volta, escoitaron entre todos o resultado final, compartindo impresións e valorando o traballo realizado.
Esta experiencia resultou moi positiva e motivadora para o alumnado, que puido achegarse ao mundo da radio dun xeito práctico, creativo e moi participativo. MOITAS GRAZAS SARA! 

PRIMARIA



















SECUNDARIA






















No hay comentarios:

Publicar un comentario