lunes, 16 de febrero de 2026

FESTA DE ENTROIDO!!!

 O Entroido enche de Natureza e películas   con baile no CPI P. Virxe do Monte.


Durante a semana fixemos os mandados do Meco e o venres o tradicional desfile onde 



os máis pequenos, de tres anos, converteron o patio nun xardín cheo de simpáticas xoaniñas; 
os de catro anos voaron coma fermosas bolboretas;
 e os de cinco anos amosaron toda a súa forza transformados en cabaliños do demo.

No primeiro ciclo de Primaria rendiuse unha fermosa homenaxe aos animais en perigo de extinción, transmitindo unha mensaxe de respecto e coidado polo medio ambiente. 








Pola súa banda, o segundo ciclo encheu o Entroido de cor e sabor, disfrazándose de froitas das nosas árbores, poñendo en valor os produtos naturais. 
O terceiro ciclo inspirouse na coñecida película Bambi, achegando tenrura e conciencia ecolóxica á celebración.
O alumnado da ESO, primeiro fixo rir a todos co seu colorido disfrace dos Minions; segundo da ESO trouxo ritmo e diversión con Alvin e as ardillas; e terceiro da ESO cun espectacular disfrace inspirado en Toy Story e o broche final o puso cuarto da ESO con Hora de aventuras.











 e coa tradicional queima do Meco, un momento moi esperado que puxo o punto final á celebración.

A xornada completouse cun delicioso chocolate quente que todos e todas puideron degustar


No hay comentarios:

Publicar un comentario