Despois da chuvia… aparecen as cousas que non se ven, pero que máis importan.
En 2º de Primaria, a partir do conto Despois da chuvia, vivimos unha experiencia moi especial. O alumnado de 6º leu a historia e, despois, reflexionamos sobre aquilo invisible que é esencial: o amor, a felicidade, a saúde…
Debuxaron cun lápis branco as súas ideas e, coa “auga máxica” de témpera, descubriron as mensaxes agochadas. Rematamos cun collage colectivo e coas súas propias definicións de “O amor é…” e “A felicidade é…”.
Pronto converterase nun pequeno libro cheo de emoción e significado
.png)















No hay comentarios:
Publicar un comentario