sábado, 28 de febrero de 2026

Eleccións no cole!!!





No colexio de Cospeito estanse a celebrar eleccións escolares, unha actividade moi interesante na que participa o alumnado de diferentes cursos. O alumnado de 5º organizouse en catro partidos políticos, cada un deles cunhas propostas pensadas para mellorar a vida no colexio.

Durante estes días, os distintos partidos están a realizar os seus mitins, nos que explican as súas ideas, proxectos e compromisos ao resto dos compañeiros e compañeiras. Deste xeito, practican a expresión oral, o traballo en equipo e aprenden a defender as súas opinións con respecto.

Na vindeira semana terá lugar o debate electoral, no que os representantes de cada partido poderán intercambiar puntos de vista, responder preguntas e contrastar as súas propostas. Este momento é clave para que o alumnado poida formarse unha opinión máis completa antes de votar.

Finalmente, o alumnado de 3º, 4º e 6º acudirá ás urnas para exercer o seu dereito ao voto e elixir o partido gañador. Con esta actividade, trabállanse valores fundamentais como a participación, a democracia, o respecto polas normas e a responsabilidade cidadá.

PARTIDO OS POLÍTICOS



PARTIDO MELLORADOR



PARTIDO OS PEREZOSOS

PARTIDO VIRXE DO MONTE



No hay comentarios:

Publicar un comentario