O club de lectura traballa de maneira colaborativa a través dunha actividade manipulativa chamada A balanza da liberdade. En pequenos grupos, o alumnado recibe unha cartolina cunha balanza debuxada e tarxetas con palabras clave e situacións da novela O rapaz da frecha (liberdade, escravitude, Aselo fuxe, Valeria obedece, Marco critica a escravitude…). Cada grupo debe decidir se cada tarxeta pesa máis do lado da liberdade ou do da seguridade, o poder e o costume, colocándoas na balanza e xustificando algunha das súas eleccións. A actividade remata cunha breve posta en común e cunha palabra final que resuma a reflexión sobre a lectura.
.png)








No hay comentarios:
Publicar un comentario