viernes, 27 de febrero de 2026

CLUB DE LECTURA EL ÚLTIMO TRABAJO DEL SEÑOR LUNA

LECTURAS AO AIRE LIBRE

 Aproveitando estes días de sol, estamos a realizar lecturas ao aire libre, unha actividade moi agradable e motivadora para o alumnado  do primeiro ciclo. Saír da aula permítenos gozar dun ambiente diferente, máis relaxado  o que favorece a concentración e o gusto pola lectura.

O bo tempo, a luz natural e o silencio axudan a crear un clima perfecto para deixar voar a imaxinación.

Estas lecturas ao aire libre non só fomentan o hábito lector, senón tamén o respecto polo entorno, a tranquilidade e o disfrute do tempo compartido. Ademais, permiten asociar a lectura con momentos agradables, facendo que os libros se convertan nunha fonte de pracer e aprendizaxe.

Sen dúbida, é unha experiencia que enriquece o día a día escolar e que o alumnado recibe con moita ilusión.

CONCURSO DE FOTOS DE INVIERNO

 

PREPARANDO A TERRA PARA FACER SEMILLEIROS

 Esta semana, aproveitando o bo tempo, puxémonos mans á obra para preparar os nosos semilleiros. Foi unha actividade moi enriquecedora na que participaron activamente os alumnos de segundo.

En primeiro lugar, preparamos a terra, removéndoa con coidado para que quedase solta e aireada. Deste xeito, asegurámonos de que as sementes teñan un bo soporte e poidan absorber mellor a auga e os nutrientes necesarios para medrar fortes e sas.

A continuación, introducimos as sementes nos semilleiros, colocándoas con atención á profundidade axeitada e cubríndoas suavemente con terra. Este paso é moi importante, xa que permite que as sementes xerminen nas mellores condicións posibles.

Para rematar, regamos con coidado, evitando encharcar a terra, e deixamos os semilleiros nun lugar con boa luz natural. Agora só queda observar día a día o seu crecemento e aprender do proceso, desenvolvendo a paciencia e o respecto pola natureza.

Foi unha experiencia moi positiva na que os alumnos aprenderon, colaboraron e gozaron do contacto coa terra 🌱.

jueves, 26 de febrero de 2026

Adeus Ríos polo alumnado da ESO en diferntes idiomas

Para conmemorar a figura de Rosalía de Castro dun xeito diferente e aproveitando o carácter plurilingüe do noso colexio, varios alumnos e alumnas da ESO participaron nunha emotiva lectura radiofónica do poema Adiós ríos, adiós fontes.

A través de distintas linguas, as súas voces fixeron viaxar os versos de Rosalía máis alá das fronteiras do galego, demostrando que a súa obra segue viva, actual e capaz de emocionar en calquera idioma. Foi unha experiencia fermosa que uniu tradición, diversidade lingüística e amor pola nosa literatura, rendendo homenaxe á autora dun xeito creativo e cheo de sentimento.

domingo, 15 de febrero de 2026

ECO RETO FEBREIRO: AFORRAMOS


 O Reto Aforrar céntrase no aforro de enerxía e na redución do consumo de recursos naturais. Aproveitando a época de disfraces, no centro apostamos pola creatividade e a sustentabilidade, elaborando os nosos disfraces con materiais reciclados, como o cartón. A temática escollida é a dos animais en perigo de extinción, co obxectivo de concienciarnos sobre a importancia de coidar o medio ambiente e protexer a biodiversidade. Deste xeito, aprendemos a reutilizar, a respectar a natureza e a valorar pequenas accións que contribúen a construír un futuro máis sostible.

viernes, 13 de febrero de 2026

13 de febreiro: DÍA MUNDIAL DA RADIO

 

O grupo 4 de voluntarios pasou polo noso laboratorio radiofónico para falarnos de porque lles gusta a radio? Conmemoramos así o día da radio.

miércoles, 11 de febrero de 2026

DESPOIS DA CHUVIA APARECEN COUSAS QUE NON SE VEN

 


Despois da chuvia… aparecen as cousas que non se ven, pero que máis importan.




Día da Nena e a Muller na Ciencia, xa que a través da construción coas pezas KAPLA


 


As pezas Kapla permiten traballar a ciencia dun xeito lúdico e inclusivo, polo que son un recurso ideal para a conmemoración do Día da Nena e a Muller na Ciencia, xa que a través da construción e da experimentación favorecen a comprensión de conceptos como o equilibrio, a gravidade, a resistencia ou a xeometríaq; neste contexto pódese organizamos un campionato de retos con Kapla, no que os menos/as afronten desafíos como construír a torre máis alta, un ponte resistente ou unha estrutura inspirada en  científicas, con cada reto superado avanzan unha científica.

viernes, 6 de febrero de 2026

CONCURSO DE GREGUERIAS

 Concurso de Greguerías – 1.º de ESO

El alumnado de 1.º de ESO, dentro del área de Lengua Castellana y Literatura, se adentra en el mundo creativo de las greguerías, esas breves expresiones ingeniosas que unen humor y metáfora.

Tras una explicación teórica sobre qué son las greguerías, su origen y sus principales características, el alumnado descubre cómo unas pocas palabras pueden despertar la imaginación y provocar una sonrisa. A continuación, cada estudiante pone en práctica lo aprendido dando rienda suelta a su creatividad.

Fruto de este trabajo nacen greguerías originales, personales y llenas de frescura, creadas especialmente para participar en este concurso. Con ilusión y entusiasmo, el alumnado demuestra que la lengua no solo se estudia, sino que también se juega, se inventa y se disfruta.



martes, 3 de febrero de 2026

lunes, 2 de febrero de 2026

ENTROIDO 26

 Dende o centro queremos convidarvos a participar no Entroido a través dos mandadiños do Meco, unha tradición chea de creatividade e diversión.

Cada día o Meco irá propoñendo un pequeno reto que os nenos e nenas realizarán coa vosa axuda, facendo do camiño cara ao Entroido unha experiencia compartida entre escola e familia.

Animámosvos a acompañar aos vosos fillos e fillas nesta aventura tan especial, gozando xuntos do xogo, da imaxinación e do espírito do Entroido.

Moitas grazas pola vosa colaboración e… que viva o Entroido!



jueves, 29 de enero de 2026

VISITA DA MATRONA

 

Hoxe contamos coa presenza da matrona Sonia, que pasou a mañá con nós compartindo unha experiencia moi enriquecedora.
Ao longo das distintas charlas, explicou como relacionarnos entre nós desde as idades máis temperás ata as máis avanzadas, empregando sempre unha linguaxe adaptada a cada etapa e utilizando recursos axeitados para cada grupo.
As súas explicacións resultaron moi claras, próximas e interesantes, facilitando a comprensión e fomentando o respecto, a igualdade e unha comunicación saudable.
Queremos agradecerlle a Sonia o seu traballo e, tamén, á ANPA por solicitar e facer posibles este tipo de charlas tan necesarias e enriquecedoras para o noso alumnado.
Moitas grazas!

29 de Xaneiro dia do puzle!

 

CLUB DE LECTURA NOITE DE TEMPORAL

 

CLUB DE LECTURA A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS

 

martes, 27 de enero de 2026

DÍA DA PAZ:CREACIÓN DUN STOP MOTION

 


Para conmemorar o Día da Paz, alumnos voluntarios de primaria e secundaria participaron nun obradoiro na biblioteca para a creación dun stop motion. Durante a actividade, elaboraron as figuras que aparecerían no vídeo, realizaron as fotografías necesarias e participaron no montaxe final, que estivo a cargo da profesora de Polos Creativos.

O stop motion é unha técnica de animación na que se van fotografando os obxectos ou figuras paso a paso, de xeito que, ao reproducir as imaxes en secuencia, parece que se moven de forma continua. Deste xeito, os alumnos aprenderon a crear historias de maneira visual e creativa.

Todas as etapas educativas disfrutaron do corto elaborado polo seus compañeiros/as e dalgún máis.

viernes, 23 de enero de 2026

ECO RETO XANEIRO: DIVULGAMOS

 


A través de  pequenas accións e novos avances científicos poden marcar a diferenza na loita contra o quecemento global.

 Carla, Melinda e Iago voluntarios de 2º da ESO explican este tema co obxectivo de concienciar sobre a importancia de buscar alternativas sostibles.

O hidróxeno verde é unha das enerxías do futuro e unha posible solución para frear o cambio climático. Trátase dun tipo de enerxía limpa que se obtén a partir da auga, empregando electricidade procedente de fontes renovables como o sol ou o vento. Ao utilizalo, non se producen gases contaminantes, polo que axuda a coidar o planeta.


jueves, 22 de enero de 2026

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO INVERNO

 O INVERNO enche as nosas paisaxes de cores únicas e momentos máxicos. Queremos recoller esas imaxes que reflicten a beleza desta estación na nosa zona, e para iso convocamos o Concurso de Fotografía de INVERNO








domingo, 18 de enero de 2026

Entrevista a profe María

 Novo programa de entrevistas na nosa radio.

Esta semana, na radio, tivo lugar unha entrevista moi especial: a titora de quinto de primaria e profesora de Plástica en Inglés do resto do cole, foi a protagonista da nosa sección de entrevistas. Con esta conversa tan próxima e interesante, estreamos oficialmente esta nova sección da man do grupo da radio, formado nesta ocasión por alumnas de quinto que prepararon as preguntas e o guión e que decidiron comezar esta aventura entrevistando á súa propia profe.

Será un momento no que o alumnado poderá coñecer un pouco mellor á mestra, tanto no eido profesional como no persoal. Sen dúbida, unha estrea fermosa para unha sección que nace con ganas de dar voz ás persoas que forman parte da vida do noso cole.

sábado, 17 de enero de 2026

DESEÑO GRÁFICO

 

Ao longo deste curso, a biblioteca escolar convértese nun espazo de creatividade a través do deseño gráfico, entendéndoo como unha parte esencial da comunicación escrita desde a orixe da escritura ata a actualidade dixital. Partindo do alfabeto como raíz común, explóranse as tipografías, os libros, os carteis e outros soportes visuais, con referencias á tradición editorial e gráfica galega. Neste marco, o alumnado de 2º de Primaria participa nunha actividade práctica: a creación dun mural do abecedario empregando diferentes tipografías recollidas de xornais, revistas e outros materiais impresos.

A actividade consiste na elaboración colaborativa dun mural do abecedario no que cada letra é representada cunha tipografía distinta. O alumnado busca, selecciona e recorta letras de diferentes publicacións (xornais, revistas, folletos…), observando as súas formas, tamaños, estilos e usos. Posteriormente, clasifícanse e colócanse no mural, creando un abecedario visual e diverso.

Con esta proposta preténdese:

Achegar o alumnado ao deseño gráfico dun xeito lúdico e accesible.

Tomar conciencia da variedade tipográfica presente na vida cotiá.

Desenvolver a observación, a creatividade e o traballo cooperativo.

Valorar os soportes impresos e o papel da edición e do deseño na transmisión da información.


O mural final expónse na biblioteca escolar como mostra do proceso creativo e como recurso visual para todo o centro, reforzando a idea da biblioteca como espazo de aprendizaxe, creación e futuro.

CLUB DE LECTURA 6º E.P


Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no  instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta  moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas  que entregar a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra  dos seus antepasados, os celtas...