sábado, 17 de octubre de 2026

O SABOR DAS PALABRAS


Algunha das vosas achegas

1. Refráns e ditos populares en galego

  1. A auga e o pan, sopas na barriga fan.

  2. A ang uía en empanada, e a lamprea escabechada.

  3. A falta de pan, boas son papas.

  4. A falta de pan, boas son tortas.

  5. A fame é boa cociñeira.

  6. A mazaroca, de gran en gran, enche o pucho.

  7. A sardiña en San Xoán, xa molla o pan.

  8. A troita e o galo, mellor en maio.

  9. A boa fame non hai pan duro.

  10. Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño.

  11. Comer e rañar, todo é empezar.

  12. Do porco, todo é bo.

  13. É mellor pan duro que figo maduro.

  14. En non comer por ter comido non hai nada perdido.

  15. Máis vale pan con mel que pan sen el.

  16. Mesa sen pan, mesa de can.

  17. Á mesa sen pan, non te poñas a xantar.

  18. O comer quere silencio, e o durmir quere sosego.

  19. O que non sabe mañas, non come castañas.

  20. O que non se pon farto a comer, menos se pon a lamber.

  21. O pan, con ollos; o queixo, sen ollos; e o viño, que salte aos ollos.

  22. Pan que sobre, carne que baste e alegría que non falte.

  23. Polo San Martiño, as castañas e o viño.

  24. Por San Xoán, a sardiña molla o pan.

  25. Quen come e garda, dúas veces pon a mesa.

  26. Se non queres caldo, toma dúas tazas.

  27. Soprar e sorber non se pode facer.

2. Cantigas, ditos e recitados populares sobre alimentos

28. Arroz con chícharos

Arroz con chícharos, patacas novas, repolo de Betanzos, e máis cebolas.

29. Unha pera, dúas peras

Unha pera, dúas peras, non tiña máis a pereira, unha será para o xastre, outra para a costureira.

30. Bate meu leite

Bate meu leite, na cántara nova, con tres pelouriños e mailo da roda.

Bate meu leite, se has de bater, que na casa teño, quen te ha de comer.

31. Panadeiros de Galicia

Panadeiros de Galicia madrugan pola mañá, non vos quededes durmidos, non deixedes queimar o pan.

32. Castaña, castaña

Castaña, castaña, se no lume estás, salta, salta, que te queimarás.

33. Polo río abaixo vai unha sartén

Polo río abaixo vai unha sartén, se levara ovos, iría eu tamén.

34. Polo mar abaixo vai unha sartén

Polo mar abaixo vai unha sartén, fritindo peixes, han de saber ben, han de saber ben, han de saber ben, polo mar abaixo vai unha sartén.

35. Santo que estás no camiño

Santo que estás no camiño, bota castañas abaixo, que aínda que non teño mandil, apañoas para o refaixo.

36. Peneirei, peneirei

Peneirei, peneirei, con un cribo, fixen un pan de relón coma trigo, así se lle fai, así se peneira, dáselle a volta ó pan na maseira.

37. Arriba, Casilda

Arriba, Casilda, qué queres Manuel? Castañas asadas, e viño con mel.

3. Refráns e ditos populares en castelán

  1. Ave que vuela, a la cazuela.

  2. Lo que no mata, engorda.

  3. Quien come para vivir se alimenta; quien vive para comer, revienta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario