sábado, 17 de octubre de 2026

17 de outubro: día internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial: AS VOCES DA MEMORIA

"As voces da memoria" é un programa feito polo club de radio de 6º de EP. Primeiro, Laura e Emma empregaron a gravadora e baixaron ao centro de día de Cospeito recoller información sobre contos e refráns dos nosos maiores. Unha vez feita esa recollida de información prepararon entre todos un pódcast para dar voz e celebrar o día internacional do patrimonio cultural inmaterial (17 de outubro). Este día pretendese sensibilizar á poboación mundial sobre a importancia de protexer e salvagadar o “patrimonio vivo”. Participantes neste club de 6º de EP: LUIS- LAURA-EMMA- NAIA-THAIS- ALBA e ANTÍA. 

O martes 29 de setembro Laura e Emma de 6º EP saen coa gravadora en busca de información, o que coñecemos como as reporteriras de campo nesta actividade.


No centro de día recopilan información dos usuarios do centro de Vila de Valverde de Cospeito. Entrevistan e recollen información sobre contos populares, refráns dos seus tempos mozos.








De volta na escola , a partir desas gravacións prepararon un programa magazine coas historias recollidas.





Escoitanos na nosa canle de IVOOX:


No hay comentarios:

Publicar un comentario