viernes, 23 de octubre de 2026

ECO RETO OUTUBRO: PROTEXEMOS

Dentro do eco-reto de outubro preparamos a terra e plantamos con moita ilusión, porque cada pequena acción conta para construír un futuro máis verde e sostible. Aprendemos que protexer a natureza comeza por coidar o que temos máis preto, e que sementar hoxe é apostar pola vida de mañá.

Alumnado voluntario de 6º primaria e 6º de infantil preparan e acondicionan a zona para plantar e quitar as malas herbas.












PLANTACIÓNS DE OUTONO

INFANTIL: 4º de infantil plantou BROCOLI, 5º de infantil LEITUGAS e 6º de infantil COLIFLOR.






1º de PRIMARIA: repolos



 2º de PRIMARIA: porros


Toca regar con moito agarimo!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario