RETO: DETECTIVES DA INFORMACIÓN
Seredes capaces de descubrir que información é verdadeira e cal é falsa?
Desde a Biblioteca propoñémosvos un novo reto para o alumnado da ESO en colaboración co programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia.
📅 Cada 15 días recibiremos un novo reto con tres noticias, imaxes ou publicacións das redes sociais.
⚠️ Unha delas será falsa e as outras verdadeiras.
A misión será convertervos en auténticos detectives da información:
🔎 Investigar as noticias.
📰 Buscar fontes fiables.
🌐 Comprobar a información en diferentes medios.
📷 Analizar as imaxes.
🤔 Detectar pistas que nos permitan saber se unha publicación é verdadeira ou falsa.
✅ Xustificar a decisión con argumentos e fontes.
🏆 E ADEMAIS… ¡COMPETIMOS!
Traballaremos en equipo o.individual.
Non será suficiente con acertar: teredes que demostrar por que.
⭐ 1 punto por identificar correctamente a información falsa.
🔎 2 puntos por achegar fontes fiables que xustifiquen a resposta.
💡 1 punto extra pola mellor explicación ou investigación.
Ao longo do curso iremos creando o noso propio:
🏆 RÁNKING DE DETECTIVES DA INFORMACIÓN
E elaboraremos na biblioteca un panel cos retos, investigacións e resultados de cada equipo.
Cada 15 días descubriremos tamén a resolución do reto anterior… e chegará unha nova misión.
Porque na era das redes sociais
🧐 NON TODO O QUE PARECE VERDADE… É VERDADE.
¿Aceptades o reto?
📚 Biblioteca CPI Plurilingüe Virxe do Monte
📰 Prensa-Escuela – La Voz de Galicia


No hay comentarios:
Publicar un comentario