No Auditorio do Vello Cárcere, alumnado e profesorado participaron nunha maratón radiofónica conxunta con outros puntos de Galicia e Portugal, nunha edición que reuniu 86 centros de 50 concellos.
O noso cole tamén formou parte desta experiencia con tres grupos de radio: o papel do idioma dentro da nosa música actual galega, a importancia sobre as lendas galegas e especial mención a Begoña Caamaño, homenaxeada este ano nas letras galegas.
Tres propostas moi en sintonía co espírito de Ponte nas Ondas, poñendo en valor a nosa cultura, tradición e lingua a través da creatividade do alumnado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario