sábado, 18 de abril de 2026

SEMANA DAS MATEMÁTICAS

 


Para celebrar o Día das Matemáticas, esta semana está chea de actividades e retos para desfrutar aprendendo organizados pola profe Lucia de Mates.


Comezamos hoxe cun concurso moi especial: memorizar o maior número de cifras do número π, unha constante matemática fascinante cuxos primeiros díxitos son 3,14 e que se celebra cada 14 de marzo en todo o mundo.
As nosas grandes gañadoras foron Tatiana, Carla e Desirée, que demostraron unha memoria incrible e moito entusiasmo polas matemáticas.
👏 Moitas parabéns ás tres!
Estamos moi orgullosas do voso esforzo e participación.















rascacielos PI


Seguindo coas actividades da Semana das Matemáticas, o alumnado de primeiro e segundo, aproveitando o bo tempo, saíu ao aire libre para realizar unha actividade moi especial: a elaboración de puzles.

Entre xogos, colaboración e moita ilusión, os nenos e nenas desfrutaron das matemáticas dun xeito diferente, aprendendo mentres compartían momentos ao sol.















elaboraron figuras xeométricas con paus e plastilina, dando renda solta á súa creatividade e traballando en equipo. Para rematar, participaron nunha emocionante competición por grupos para construír a estrutura máis grande.
Deste xeito, aprenderon a crear corpos xeométricos en 3D, comprendendo mellor as formas e o espazo dunha maneira práctica e divertida.























Ao longo destes días, achegáronse ao mundo das moedas e dos billetes, aprendendo a recoñecelos, a manexalos e a realizar pequenas operacións da vida cotiá, desenvolvendo así a súa competencia matemática dun xeito práctico e significativo.

Ademais, puxeron a proba o seu enxeño coa realización de crucinúmeros, unha actividade lúdica que lles permitiu reforzar o cálculo, a lóxica e a concentración mentres se divertían.

💡 Unha maneira amena e motivadora de comprobar que as matemáticas están presentes no noso día a día.







Elaboración de pulseras PI



Entrega de premios as gañadoras do concurso

No hay comentarios:

Publicar un comentario