jueves, 9 de abril de 2026

O ritmo do deporte con Bad Gyal

Despois das vacacións, volvemos con ilusión renovada cunha nova emisión do noso programa “O ritmo do deporte”, un espazo no que seguimos a mesturar música e paixón deportiva. Nesta ocasión contamos cunha protagonista moi especial: Bad Gyal, unha das artistas máis destacadas da música urbana actual. Co seu estilo único, que combina dancehall, reggaeton e electrónica, conseguiu abrirse camiño no panorama musical internacional, converténdose nun referente para mozos e mozas. No programa de hoxe achegarémonos á súa traxectoria e á súa relación co mundo do deporte, descubrindo novas conexións entre ritmo, movemento e enerxía.

Agardamos que gocedes desta nova etapa tanto como nós desfrutamos preparándoa. Volvemos co ritmo de sempre… e con máis ganas ca nunca! 











No hay comentarios:

Publicar un comentario