sábado, 20 de diciembre de 2025

XORNADA DE RADIO NA BIBLIOTECA EN SANTIAGO

 


Celebráronse as primeiras Xornadas de Radio na Biblioteca Escolar en Santiago, organizadas por Bibliotecas Escolares de Galicia, e nós tivemos a sorte de participar nelas co alumnado que forma parte da Radio na Biblio.

A xornada comezou cun obradoiro a cargo de Cristina Collazo, de teatro radiofónico, que nos deixou unha fermosa reflexión: “A palabra é igual ca a imaxe… con elas voas a un mundo cheo de fábulas e contos… só tes que poñerlle voz!”. Durante o obradoiro tamén nos falou de diferentes técnicas para mellorar a articulación, a pronunciación e a expresión oral.Rematamos o obradoiro creando un conto dando o toque teatralizado coa voz. Foi unha experiencia moi enriquecedora.
Grazas, Cristina!

A continuación, asistimos a varias entrevistas realizadas dentro do espazo radiofónico, nas que participaron persoas como a presentadora Esther Estévez, a piragüísta Teresa Portela ou Miguel Ángel Cajigal. Todos/as destacaron a importancia de ler, de investigar previamente a traxectoria da persoa entrevistada, de saber escoitar e do valor do traballo en equipo, principios que ás veces tenden a perderse, pero que desde a nosa biblioteca temos moi presentes e queremos seguir fomentando.

Ademais, foi unha oportunidade magnífica para convivir e compartir experiencias con alumnado doutros centros, enriquecendo aínda máis esta xornada tan especial arredor da radio e da biblioteca escolar.

jueves, 18 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA AS VACACIÓNS

 O Nadal é tempo de descanso, de viaxes reais e imaxinarias, e de deixarse levar polas historias que agardan entre páxinas. Na nosa biblioteca atoparedes unha escolma de lecturas pensadas para todos os gustos e idades, perfectas para gozar sen présas durante as vacacións.

Todos os títulos recomendados están dispoñibles na biblioteca e tamén no ELBE-2, para que poidades ler onde e cando queirades. Ademais, como novidade este ano, ampliouse o número de préstamos a 15 libros por persoa.

Achegádevos, escollede a vosa próxima lectura e deixade que os libros vos acompañen nestas vacacións.

 Boa lectura!

miércoles, 17 de diciembre de 2025

ECO RETO DE DECEMBRO: REUTILIZAMOS DE FORMA SOLIDARIA

 


Mañá martes celebraremos no colexio un mercadillo solidario dentro do proxecto de valores e innovalab . Pasaremos todo o día no corredor do centro, converténdoo nun pequeno espazo de esperanza. A recadación irá destinada a Javi, un neno asturiano con NEDAMSS, unha enfermidade rara que loita por facer visible dende a súa historia e a súa forza.
📝O alumnado de sexto, tras ler unha noticia no xornal durante as sesións de aula, sentiu o latexo da empatía e decidiu transformar as súas aprendizaxes en acción. Así naceu esta proposta que convida a toda a comunidade educativa a sumar graos de luz para Javi e a súa familia.
Grazas a todas as familias que colaborasteis nesta iniciativa reutilizando obxetos e materiais para darlles unha segunda vida.

Primeiro visita o centro de día polo Nadal

  O alumnado de 1º de EP baixou facer unha visita ao centro de día para compartir unha actividade en conxunto cos ususarios do centro e aproveitaron para deixar a carta no buzón de Papá Noel.

martes, 16 de diciembre de 2025

Club de teatro

 Este curso abrimos de novo ao alumnado o club de teatro. Intentaremos dar a coñercer as linguaxes escénicas dentro da escola, aproveitandoo como un medio de expresión, reflexión e desarrollo persoal.

lunes, 15 de diciembre de 2025

Plantamos allos con 1º de EP

  Esta semana, o alumnado de primeiro de primaria sementou allos no noso horto escolar. Aínda que a terra estaba moi mollada, decidimos deixar a semente plantada, confiando en que, co paso do tempo e coidados axeitados, poidamos recoller os seus froitos dentro dunha tempada.

domingo, 14 de diciembre de 2025

Ecoreto decembro: REUTILIZAMOS: O nadal dos diferentes países

 

No cole seguimos fomentando o uso das 3R: reducir, reutilizar e reciclar. Neste nadal coa axuda da profe de relixión, Yoli, démoslle un novo uso aos envases dos actimeis. O alumnado do centro elaborou o nadal en 4 países cos personaxes incluídos.

Precisamos fomentar ao alumando na concinciación medioambiental para poder garantir mediante as nosas accións un mundo máis sostible para todos e a mellor forma e facendoos participes no proceso.

sábado, 13 de diciembre de 2025

Club lectura 5º EP

No club de lectura  de 5º, durante este trimestre mergullámonos na historia de A mansión dos Pampín. A lectura inspirounos tanto que, como actividade final, decidimos deseñar a casa dos nosos soños. Cada quen imaxinou o seu fogar ideal e plasmouno con creatividade, ilusión e moita fantasía. Foi unha maneira perfecta de pechar a lectura, deixando voar a imaxinación igual que fixemos co libro.

viernes, 12 de diciembre de 2025

GIFS navideños

O martes 9 e o mércores 10 de decembro a aula de polos  e na biblioteca crearon gifs navideños, o alumnado puido dar renda a creatividade. Unha maneira divertida de despedir os obradoiros deste ano .

jueves, 11 de diciembre de 2025

POESÍA (parte III)

 

O venres 11 de decembro a nosa biblio converteuse nun recital de poesía.

Poesía (parte II)



 Ao longo do trimestre xuntámonos para ler versos, comentar o que nos inspiraban e tamén para crear unha fermosa manualidade relacionada co mundo poético da estación na que estamos.

martes, 9 de diciembre de 2025

Visitamos a gardería polo nadal

  O martes 9 de decembro voluntarios de 3º de EP baixaron contar uns contiños polo nadal aos máis peques do concello.

sábado, 6 de diciembre de 2025

REFRÁNS, POEMAS...DE OUTONO


 “A piques de rematar o outono, queremos compartir unha recopilación dos traballos realizados nas aulas: refráns, poemas e pequenas creacións literarias inspiradas nesta estación tan especial."

viernes, 5 de diciembre de 2025

UN NADAL CON GLOBOS GRAZAS A IMAXINATIA: O NOSO BOSQUE MÁXICO

 


Comezo dando as grazas a Carmen de Imaxinatia, porque grazas a ela este proxecto puido facerse realidade. Persoas como ela, con ilusión e xenerosidade, demostran que cando unimos esforzos somos capaces de crear cousas verdadeiramente fermosas.

Foron dous días de intenso traballo, tanto de Carmen como das súas colaboradoras, e aínda así atoparon tempo para compartir coa rapazada da ESO a beleza da súa profesión, así como para achegar unha tarde de traballo compartido ás familias que viñeron o martes.

Moitas grazas a todas e todos por facer posible esta marabillosa decoración con globos. Este mes de decembro o colexio luce máis acolledor, máis alegre e máis máxico ca nunca.

OBRA DE TEATRO "OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE"


 Hoxe tivemos no colexio, grazas á Deputación de Lugo e ao AMPA, unha obra de teatro para os alumnos de 3º e 4º da ESO representada polo Grupo Rebuldeira, formado por alumnado da aula de formación teatral de Sarria, a súa paixón polas artes escénicas, leva ao grupo a continuar coa formación interpretativa e así amosar o seu traballo en todos os lugares que o soliciten. 

A obra é unha versión de Castelao "Os vellos non deben namorarse", esta é unha comedia sobre os amores máis ben tolos.

jueves, 4 de diciembre de 2025

Entrevista con Andrea de Asubíos da Chaira (club da radio)

  O primeiro grupo do club da radio entrevista a  Andrea. A profe de música tradicional que creou o grupo de música da zona, Asubíos da Chaira vén a nosa radio para falar da III gala benéfica que se celebra o 12 de decembro no noso cole. Contará con numerosos artistas neste nadal; todo o recaudado vai destinado ao cancro infantil. Non perdades a entrevista ao completo e axudemos a ASANOG para que reciban a maior cantidade na venta das entradas.

domingo, 30 de noviembre de 2025

Xa temos a sintonía e logo da nosa radio!!!

O ano pasado conseguimos completar un pequeno soño: dotar a nosa biblioteca dunha radio propia. Agora, tras moitos ensaios e ideas que foron collendo forma, estamos a piques de estrear a nosa sintonía oficial.

  O venres 28 de novembro saboreamos o menú outonal. Grazas as aportacións das receitas que enviaron as familias. Agradecemos a colaboración das familias do noso alumnado.

jueves, 27 de noviembre de 2025

OBRADOIRO DE 3D PARA ALUMANDO DA ESO

 O alumnado da ESO iniciouse no Deseño 3D con ThinkerCad. Coñecemos como funciona unha impresora 3D e comezamos a deseñar figuras para darlles vida. 

25N

 

Continuamos a traballar pola igualdade e pola prevención da violencia de xénero, un compromiso que abrangue a todas as etapas educativas do centro.

En Infantil, dentro do proxecto da música, achegámonos a esta temática a través das Fillas de Cassandra e a súa canción “A tataravoa”.

En Primaria e Secundaria desenvolvéronse actividades baixo o lema “Cada folla, unha historia”, visibilizando diferentes realidades e voces que merecen ser escoitadas. Ademais, o alumnado de 3º da ESO na materia de Plástica traballou co lema “Non máis vítimas”.

Son iniciativas que nos axudan a construír un centro máis consciente, máis xusto e máis humano.

REUNIÓN DA MICRORREDE DA TERRA CHÁ



 Tivo lugar no colexio de Adadín a xuntanza da Microrrede de Bibliotecas da Terra Chá. Foi un encontro moi enriquecedor no que, ademais de poñer en común ideas e valorar o camiño percorrido, debatemos sobre futuras colaboracións entre as bibliotecas… e sobre moitas outras cuestións que nos ilusionan e nos unen. Un espazo de diálogo, aprendizaxe compartida e novos proxectos por vir.

COGOMELOS: ECO RETO NOVEMBRO INVESTIGAMOS


 “Agradecémoslle a Carlos Gómez Osa a súa axuda para realizar esta clasificación de fungos e o profesor de proxecto que realizaron a colleita e posterior clasificación con seu alumnado."

miércoles, 26 de noviembre de 2025

Receitas do outono


Como peche da actividade, do proxecto do outono, dentro do programa de nutriescolas, das receitas enviadas ao colexio seleccionamos algunhas para incluír no menú escolar do día 28 de novembro, de maneira que todas e todos poidamos degustar os sabores do outono e desfrutar da diversidade gastronómica que nos achegaron as familias. 
O menú elexido: 

1º Tosta de outono con cogumelos

2º Crema de cabaza

3º Madalenas otoñais de cabaza e chocolate. 

Grazas a todas as familias colaboradoras nesta actividade. 

sábado, 22 de noviembre de 2025

Microrelatos de outono

  O alumnado de quinto e sexto, xunto co da ESO, deixou voar a imaxinación para crear microrrelatos inspirados nas  catro fotografías gañadoras do concurso de outono. Entre todas as historias nadas da luz e das cores da estación, seleccionáronse as máis destacadas para seren gravadas na nosa radio escolar, onde cobraron voz e vida propia.

viernes, 21 de noviembre de 2025

BATIDOS SAUDABLES para celebrar o día do nen@

 Esta semana, para conmemorar o 20 de novembro, DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS, e no marco do programa, Nutriescolas, o alumnado de infantil, primaria e secundaria elaborou batidos saudables. Con esta actividade celebramos e poñemos en valor o dereito a unha alimentación equilibrada e a desfrutar dunha boa saúde, aprendendo ao mesmo tempo a coidar o noso corpo de maneira divertida e consciente.

jueves, 20 de noviembre de 2025

DISEÑOS CREATIVOS EN 3D É LÁPIS 3D


Esta semana na nosa biblioteca para o alumnado de primaria tivemos un obradoiro de lápices 3D para experimentar coa creatividad e e aprender novas técnicas de deseño creando adornos para ir preparándonos para a chegada do Nadal.

 O alumnado da ESO iniciouse no Deseño 3D con ThinkerCad. Coñecemos como funciona unha impresora 3D e comezamos a deseñar figuras para darlles vida. A semana que ven continuamos...

viernes, 14 de noviembre de 2025

EXPOSICIÓN DE INSECTOS CON MATERIAIS DE OUTONO

 

O traballo realizado polo alumnado da ESO nos recreos da biblioteca, en colaboración co alumnado de Primaria e co profesorado, tivo como protagonista o outono e os seus tesouros naturais.

Durante varias semanas, os rapaces e rapazas saíron ao patio e á contorna do centro para recoller follas secas, paus, landras, sementes e outros materiais naturais. Con moita imaxinación e coidando cada detalle, transformaron estes elementos nunha fermosa exposición de insectos elaborados con materiais do outono.

Na mostra pódense ver auténticas obras de arte: bolboretas feitas con follas de diferentes cores, formigas de paus e landras, libélulas con ás de follas … Cada creación está acompañada do nome científico do insecto correspondente, aprendendo así a diferenciar especies e a coñecer a súa importancia nos ecosistemas .

Esta actividade serviu para unir ciencia e arte, fomentando o respecto pola natureza e o traballo cooperativo entre etapas. O resultado final é unha exposición chea de cor, creatividade e aprendizaxe, que nos lembra que o outono tamén está cheo de vida.

OBRA DE TEATRO O ACHADO DO CASTRO

 

Hoxe tivemos no colexio, grazas á Deputación de Lugo e ao AMPA, unha obra de teatro representada pola Asociación Os Pinchacarneiros, constituída baixo o paraugas da Fundación Anade, que ten entre outros obxectivos a integración social e laboral de persoas con discapacidade.

A obra, titulada O achado do castro, de Manuel Núñez Singala, lévanos á Roma antiga e faino xogando coa lingua, facendo que os personaxes falen coma nós, empregando termos actuais. Isto dá lugar a situacións moi cómicas que fixeron desfrutar a todo o público.

jueves, 13 de noviembre de 2025

PRÉSTAMOS EN SEGUNDO DE PRIMARIA

 

Unha das rutinas máis especiais dos xoves na clase de 2º de Primaria é a visita á biblioteca escolar. Cada semana, o alumnado acode con ilusión para realizar o préstamo dun novo libro, escollendo entre as moitas aventuras que os agardan nos andeis.

Ademais, aproveitan este momento para compartir cos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado no seu “block lector”, onde recollen actividades, debuxos ou reflexións sobre o libro lido. Cada neno e nena recomenda a súa lectura, explicando que foi o que máis lle gustou e por que pensa que os demais tamén deberían lela.

Deste xeito, a biblioteca convértese nun espazo de intercambio, aprendizaxe e ilusión pola lectura, onde cada xoves a imaxinación e as palabras cobran vida.

miércoles, 12 de noviembre de 2025

Experimentos de enxeñaría, física e química polo mes de novembro na biblioteca


 Hoxe tivemos na biblioteca unha actividade compartida coas familias, chea de experimentos de enxeñaría, física e química, da man de Leticia, unha mamá do colexio. Esta proposta forma parte da celebración do Mes da Ciencia nas Bibliotecas e do programa “Lectura e Familias”.

Durante a sesión:

 Construímos pontes con paos de madeira, poñendo a proba a nosa creatividade e o equilibrio das estruturas.

 Fixemos volcáns mediante a reacción química do vinagre e o bicarbonato, observando como se producía o “estoupido” de espuma.

 Escribimos con tinta invisible de zume de limón e, ao achegala a unha fonte de calor —neste caso, unha vela—, apareceu a maxia da ciencia: producíuse unha reacción de carbonización. O ácido cítrico do limón oxídase e deixa unha marca de cor marrón sobre o papel.

 Tamén comprobamos a lei de conservación do momento angular, experimentando como, ao xirar nunha cadeira con peso, a velocidade cambia cando abrimos ou pechamos os brazos.


Foi unha tarde chea de curiosidade, aprendizaxe e diversión, na que gozamos moito experimentando en familia.

 Moitas grazas a todas as familias que viñestes compartir esta experiencia científica connosco!

Simetrías de forma colaborativa coa profe Lucía de Matemáticas e o alumnado de 4º da ESO na biblioteca


 Traballando as simetrías de forma colaborativa coa profe Lucía de Matemáticas e o alumnado de 4º da ESO con todo o alumnado de infantil.

Para conmemorar o Mes da Ciencia nas Bibliotecas, realizamos unha actividade moi especial sobre as simetrías. Primeiro, coa axuda dos maiores, botamos pintura sobre unha metade do papel. Despois, dobramos con coidado... e maxia! Apareceron formas e cores simétricas sorprendentes.

Deixamos que as obras secasen ben, e finalmente recortamos as figuras para darlles o toque final. O resultado foron creacións artísticas cheas de cor e simetría, froito da colaboración, da curiosidade e do gusto pola ciencia e pola arte.

viernes, 7 de noviembre de 2025

Club de poesía (Parte1).

  Este curso poñemos a andar o club de poesía, cada trimestre levarase a cabo con diferentes actividades para fomentar as habilidades lingüisticas e a lectura oral. 

lunes, 3 de noviembre de 2025

CLUB DE LECTURA 22 SEGUNDOS- 2º DA ESO

 

Exposición festas do outono nos diferentes países

Queremos dar as grazas a todas as familias polo seu entusiasmo e polo magnífico traballo realizado para a exposición das festas do outono —de Galicia, Estados Unidos, Nixeria, México...—. 
Tamén a colaboración do Centro de día de Cospeito.

Grazas a vós, a nosa exposición encheuse de cor, cultura e alegría.
Sen vós, nada disto sería posible.

viernes, 31 de octubre de 2025

Recreos de contos terroríficos

Os recreos da semana de samaín a nosa biblioteca vólvese escura e ténebre para escoitar lecturas baixo a luz dunha lanterna.

VISITA AO CENTRO DE DÍA PARA FACER MARIONETAS TERRORÍFICAS

 O alumnado de 2º de Primaria realizou unha visita moi especial ao Centro de Día . Alí compartimos unha mañá chea de creatividade, risas e un chisco de medo divertido.

Xunto ás persoas usuarias do centro, elaboramos marionetas terroríficas. Saíron auténticas obras de arte!

Para poñer o broche final, gozamos dunha merenda fantasmagórica.

Foi unha experiencia chea de aprendizaxe, convivencia e diversión, na que maiores e pequenos compartiron tempo e moitos sorrisos.

miércoles, 29 de octubre de 2025

martes, 28 de octubre de 2025

PRIMEIRA SEMANA DE RECREOS

  Apertura da biblioteca nos recreos

COMEZAMOS COS PRÉSTAMOS e COS RECREOS CHEOS!!!


 Hoxe día das bibliotecas, celebramos cas bibliotecas son moito máis ca lugares cheos de libros. Son espazos onde nos ensinan a utilizalos, a respectalos e a gozar da lectura. Nelas aprendemos as súas normas, imos descubrindo novos mundos e tamén levamos os libros ás nosas casas para seguir soñando.


Pero as bibliotecas non son só para ler: son puntos de encontro onde a imaxinación medra, onde a curiosidade se alimenta e onde sempre hai unha nova aventura agardando por nós.

Un curso máis abrímoslle a porta á creatividade na biblioteca, deste volta a través do deseño. O deseño que acompaña desde o inicio a comunicación escrita, que é orixe de tipografías, logotipos e páxinas, que consegue achegar a información da maneira máis impactante ou máis sutil.

Deseño gráfico que tamén trascende do mundo do libro e está presente na publicidade, a prensa, as etiquetas, as marcas corporativas… e en tantos outros ámbitos da nosa vida cotiá.

Esta será a temática en torno ao que xire este curso.

3,2,1...COMEZAMOS🎉

Contos de medo


O alumnado da ESO participou nun proxecto competencial no que tiveron que crear e emitir relatos de medo na radio escolar. O obxectivo principal foi combinar a creatividade literaria coa comunicación oral e o traballo en equipo.
Este proxecto permitiulles desenvolver diversas competencias: a comunicación lingüística, o sentido artístico e creativo, a competencia dixital, así como a aprendizaxe cooperativa.

domingo, 26 de octubre de 2025

Novo ecosistema no espazo verde.

Este curso, cheos de ilusión, embarcámonos na reconstrucción do noso espazo verde do colexio. 

CLUB DE LECTURA 1º DA ESO: CORREDORA

 

  •  Na reunión que tivo lugar do club de lectura de 1º da ESO, 
     Hai persoas novas, presentámonos brevemente e comentamos cal foi o libro escollido para esa sesión.

  • Fixemos un pequeno resumo da obra para lembrar os detalles principais: argumento, personaxes, contexto, etc...

  • Cada participante expresa o que lle pareceu o libro: que lle gustou, que non, que partes lle chamaron a atención ou que interpretacións fai da historia.

  • Analizamos os temas principais da obra.

  • Para finalizar fixemos unha actividade de reflexión e plamámola en papel

  • Ao final da reunión, decídese cal será o seguinte libro e a data da próxima xuntanza.

  • viernes, 24 de octubre de 2025

    FORMACIÓN DE USUARIOS/AS

     

     Esta semana estivemos moi entretenid@s na biblioteca Así foi a formación de usuarios: recordamos as normas da biblioteca, as zonas que poden usar según a súa idade, como se fan os préstamos e o día que teñen que vir e hora, como novidade un carnet lector que non poden perder, entrega de diplomas aos voluntarios do ano pasado e carnet de biblioteca ao alumnado novo, inscripción nos clubs e obradoiros, as mochilas viaxeiras comezan o seu camiño...

    ABRIMOS A BIBLIOTECA AS FAMILAIS

     

    Abrimos a biblioteca ás familias cun conto moi outoñal. Despois do conto fixemos unha manualidade que, ao principio, parecía sinxela, pero resultou ser máis complicada do que pensabamos.

     Aínda así, quedaron moi chulas!

    MICRORRELATOS INSPIRADOS NAS FOTOS GAÑADORAS DO CONCURSO DE FOTOS!!

     

    Xa temos gañadores do Concurso de Fotografía! 📸✨

    Ao longo destes días poñeremonos en contacto cos gañadores e con todos os participantes para facer a entrega de premios.

    E non remata aí a diversión: a partir das fotos gañadoras, lanzamos unha nova actividade! Os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria e todos os cursos da ESO poderán crear microrrelatos inspirados nas imaxes.

    Animádevos a participar e deixade voar a vosa imaxinación! 

    CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

     

    Concurso de fotografía!!!

    jueves, 23 de octubre de 2025

    Ecoreto outubro: protexemos

     


    Para preservar o medio ambiente, comezamos coas primeiras actividades deste novo curso. Varias voluntarias fixeron unha recollida de lixo no patio da escola e elaboraron carteis para concienciar sobre a importancia de manter os espazos limpos e coidar a nosa contorna.