Comezo dando as grazas a Carmen de Imaxinatia, porque grazas a ela este proxecto puido facerse realidade. Persoas como ela, con ilusión e xenerosidade, demostran que cando unimos esforzos somos capaces de crear cousas verdadeiramente fermosas.
Foron dous días de intenso traballo, tanto de Carmen como das súas colaboradoras, e aínda así atoparon tempo para compartir coa rapazada da ESO a beleza da súa profesión, así como para achegar unha tarde de traballo compartido ás familias que viñeron o martes.
Moitas grazas a todas e todos por facer posible esta marabillosa decoración con globos. Este mes de decembro o colexio luce máis acolledor, máis alegre e máis máxico ca nunca.
O noso bosque máxico!!
Cando inflamos un globo, o que realmente facemos é encher o seu interior de aire, aumentando a presión dentro del. O globo mantense redondiño porque:
a presión do aire que está dentro empurra cara fóra,
mentres que
a presión atmosférica empurra cara dentro.
O globo non estala porque existe un equilibrio entre estas dúas presións…
Ademais:
Que máis podemos observar?
-
En zonas de montaña, onde a presión atmosférica é máis baixa, os globos hinchan máis porque o aire exterior empuxa menos.
-
Pola contra, cando fai frío, o aire do interior contráese e a presión baixa, facendo que o globo pareza máis deshinchado.
-
Cando o globo asciende no aire, a presión exterior diminúe e o interior aumenta relativamente, polo que o globo pode estalar en alturas maiores.
Os globos dixo que son un recurso excelente para explicar:
-
presión, volume e temperatura,
-
leis dos gases,
-
electricidade estática,
-
reaccións químicas,
-
propiedades dos polímeros,
-
densidade e flotación.
-
O alumnado non daba crédito que fose unha profesión, decorar con globos e relacionada coa Física e Química.
E ademais falounos da SOSTIBILIDADE EN IMAXINATIA
A beleza, o coidado e a estética non teñen por que estar rifados coa sustentabilidade. En Imaxinatia traballamos sempre coa idea de que os eventos poden ser fermosos e, ao mesmo tempo, respectuosos co planeta.
Por iso, buscamos materiais reciclables e biodegradables, e mantemos un control exhaustivo sobre o impacto ambiental e a xestión dos residuos que se xeran en cada montaxe.
Todos os globos que forman parte do universo de Imaxinatia son reutilizables, e contamos con certificados de baixo impacto que avalan o noso compromiso coa redución da pegada ambiental.
Porque crear beleza tamén significa coidar da terra que nos sostén. Na línea con noso compromiso con Voz Natura.






























No hay comentarios:
Publicar un comentario