Leire, Daniela e Zoe o martes 28 de outubro visitaron a guarde para contar uns contiños de Samaín.
Como nos gusta contar contiños e ir de visita a guarde. Nesta ocasión, estas tres voluntarias, visitaron aos máis pequenos do concello para contarlles uns contos propios desta época. Despois de escoitarnos con atención xogamos un cachiño con eles.
Que bonito é compartir momentos xuntos, onde os libros son protagonistas e achégannos a mundos máxicos. Nestas saídas traballamos a oralidade que nos serve de axuda para fomentar a nosa capacidade de expresión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario