Os bancais xa esperan as nosas sementes, e dous estanques reflicten o ceo, nun deles acolle pequenos peixes que nadan felices grazas á participación do alumnado de segundo, que foi quen participou na súa solta e será agora o encargado de alimentalos, e pequenas plantas van enchendo de vida cada recuncho. Pouco a pouco, o noso xardín medraá, enchéndose de cores, converténdose nun lugar onde aprender, xogar e soñar coa natureza.
Queremos dar un especial agradecemento ao profe de educación física de secundaria por involucrarse activamente na instalación dos estanques, facendo posible este fermoso proxecto.
Agora está nas nosas mans que toda a comunidade educativa axude a que esta zona siga medrando e coidando con cariño, converténdoa nun verdadeiro espazo de vida e aprendizaxe para todos.
Deixamos algunhas fotos para que poidades ver como se fixo realidade este proxecto tan especial.
Coa axuda da profe de bioloxía comezamos a darlle vida a estes ecosistemas. Nun metemos 3 peixes de cores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario