No interior das pilas podemos atopar metais pesados como mercurio, níquel e cadmio, en distintas proporcións. Os metais pesados son potencialmente nocivos tanto para a saúde das persoas como para o medio ambiente.
CANDO SON PERIGOSAS AS PILAS?
Mentres as pilas están en uso, estes materiais non constitúen ningún perigo xa que están eficazmente illados no seu interior. Pero ao final da súa vida útil, cando están esgotadas ou xa non se usan, pódese producir a corrosión da carcasa protectora e a liberación dos seus compoñentes internos (electrolitos e metais pesados).
Se non son xestionadas correctamente, os metais pesados que conteñen poden contaminar o solo e a auga, afectando gravemente aos ecosistemas e aos seres humanos.
PARA QUE RECICLAMOS?
- Para evitar a contaminación que orixinan estes residuos ao liberar os metais pesados que conteñen ao medio ambiente.
- Para reducir a extracción de novas materias primas, o alto consumo enerxético e a contaminación que provoca a transformación de novas materias primas en produtos finais.
Para as casas foron pequenas caixiñas que serven para transportar as pilas da casa ao centro.
No centro están estes colectores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario