viernes, 2 de febrero de 2024

DÍA DA PAZ!!!

Polo Día da Paz decidimos facer casiñas para os paxariños con mensaxes significativas deste día.


 Clase de Azul

Na clase de azul comezamos preparando un teito feito con gomaeva. para darlle forma e que resistira fóra cando se queira colocar, cosémolo entre todos. Levounos un pedazo, pero quedou moi chulo!
Logo comezamos a pegar elementos de decoración.


Picamos flores de cores e folliñas de gomaeva. Recortamos pezas...



Logo practicamos a buscar as letras de PAZ con xogos de letras de clase e construíron a palabra.


Todos o conseguiron!


Logo un por un escribiron a palabra PAZ no teito da nosa casiña.

Quedou xenial!!!
Levounos unha semana enteira pero lográmolo!

Clase de Vermello

Pintando un bote que reciclamos para a base da nosa casiña.

Debuxando paxariños para decorar a casiña.

A palabra elexida para escribir na nosa casiña é: AMIGOS E AMIGAS.
Pegamos os nosos paxariños ao redor e puxemoslle un teito. Abaixo metemos un cordón onde colgamos uns cascabeis. Trouxemos palla para que cando entren os paxariños esteñan quentiños na súa casiña.


Clase de Verde

Para a nosa casiña dos páxaros para conmemorar o día da Paz o primeiro que fixemos foi recortar moitos papeliños de cores para pegar nos cartóns de leite reciclados.
segundo pegamos moitos papeliños de cores

recortamos as tellas do tellado
e finalmente eleximos entre todos a palabra que á escribiu a encargada do día

Primeiro:



Segundo:


Terceiro:
Cuarto:

Quinto:







Sexto:




Así de bonitas quedaron colgadas no corredor as casiñas ata que poidamos levalas ao entorno próximo para cos páxariños as usen.









No hay comentarios:

Publicar un comentario