viernes, 2 de febrero de 2024

Promovemos unha alimentación saudable!

Ao longo do curso no noso cole propoñemos merendas e menús saudables, actividade física diaria, e sobre todo distinguir aqueles alimentos que son perxudiciais para a nosa saúde. Dentro do proxecta NUTRIESCOLAS englobamos obxectivos para a consecución deses contidos. 

En infantil o centro ofrece a hora do "tente" a froita e o leite.


O alumnado de 5º de infantil leva rexistros durante os meses das froitas que se toman no tente. 

Dende a escola promovemos alimentos saudables tanto no tente como no menú do comedor escolar.


No comedor propoñense menús variados e saudables, co fin de probar alimentos novos cada quincena.
Algúns dos pratos que se incorporaron: tostas de xamón, bocaditos de pavo, chuletas de pavo, raxo de polo, piruletas de xamón e queixo....Mantendo os postres caseiros e as macedonias de froitas e moitos máis.



     


A alimentación forma parte dun eixe transversal que dende o cole pretendemos fomentar. Dámonos conta cando os nenos/as chegan ao cole con traballiños que fan no seu tempo libre e están relacionados coa alimentación.
O alumnado de 3º ESO fixo unha actividade na que primeiro comprobaron se o alumnado reciclaba ben nos contenedores de lixo que temos no colexio, recollendo deles productos que se consumen nas merendas de primaria  e despois cos envases recollidos observaron a cantidade de azucre que hai nos alimentos.






Rematamos o 1º trimestre con OBRADOIROS de NADAL. Un deles foi o de cociña, fixemos brochetas de froita (plátanos e mazás vermellas). Puxemos un toque doce con sirope de chocolate unha vez feita a brocheta.
Neste obradoiro participaron todos os alumnos/as do centro, mesturados por grupos (dende os 3 anos ata os 16 anos de 4º ESO).

Con contacontos con familias:

A mamá de ZOE de 5 anos contou o conto de MARCELINA NA COCIÑA, onde fixo unha receta cuns ingredintes un pouco raros e ao final explotou a receita e así deixou a cociña.

Escoitamos o conto con moita atención.


Despois decidimos facer unha receita saudable, con folletos de supermercado, reciclando eleximos os máis saudables e pegamolos na pota, aínda que veces escapabase algún non moi saudable como o chocolate, pizza, salchichas...
Recortando e pegando coa axuda de Rosana.


Así de ben remataron as nosas comidas.



Pasamolo xenial, moitas grazas ROSANA!!

Na clase de 2ºde primaria, elaboraron caras  a partir de folletos de alimentación.
Quedaron chulísimos!
FLOCOS DE MILLO NATURAIS
O alumando de 6º EP coa axuda da súa titora fixeron flocos de millo naturais nun recreo do mes de xaneiro. O alumnado que no recreo visitou a biblio degustou os exquistos flocos acompañado dunha película.


RECETARIO de MENÚS SAUDABLES!
No nadal as familias elaboraron receitas saudables, ao chegar das vacacións elixironse tres pratos dese menú. O día 1 de febreiro os nenos e nenas degustarono no comedor.

1º QUINOA CON GARAVANZOS E VERDURAS
2º RULO DE POLO CON PATACAS PANADEIRAS
3º BISCOITO DE LARANXA

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POR COLABORAR! Deixamos un pequeno vídeo destes menús!

VÍDEO DE MENÚS SAUDABLES



No hay comentarios:

Publicar un comentario