O venres 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía, para iso todo o centro participou nun mural colaborativo para conmemorar esta data.
Empregamos envases de leite para as macetas que sosteñen os pensamentos, debuxamos e pintamos unha imaxe da escritora e demoslle cor a diversas flores para adornar a súa imaxe.
Pintando a Rosalía
Rosalía de Castro, escribía en galego, preocupouse e defendeu sempre a nosa lingua, os dereitos das mulleres, falaba dos problemas vitais da nosa terra... Podemos decir que é unha das poetas que mellor nos definen como pobo.
"Eu son libre.
Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos,
e eles son a lei que rexe o meu destino" (Lieders, 1858).
Grazas Rosalía!
En infantil pintaron o mural de Rosalía e decoraron as macetas para plantar o pensamento.
Decorando o mural. En 3 anos pintamos a pel e o pelo de Rosalía de Castro.
Decorando a maceta para a planta de pensamientos. Eles mesmos elixiron o deseño de arco da vella e decidiron engadir flores, formigas e unha xoaniña.
Coa maceta rematada engadiron un pouco de terra.
E coa planta traballiño listo!
Aquí coa maceta no mural de Rosalía.
E posando co mural de Rosalía de Castro!
En 4 anos:
En 5 anos:
Decorando o mural
1º PRIMARIA
O alumnado decorando e recortando as flores.
Plantando o pensamento na maceta.
Nos recreos da biblio decorando a maceta para o Centro de Día e a Gardería.
Plantando a planta que adorna a nosa biblioteca.
1º ESO debuxando a Rosalía de Castro. Educación Infantil encargouse de darlle cor.
O alumnado do cole pegou as flores que pintou e recortou. Unha pequena mostra da representación de cada clase.
Grazas polo traballo colaborativo de todo o centro!!!!
Enlaces de Instagram:
No hay comentarios:
Publicar un comentario