sábado, 20 de diciembre de 2025

XORNADA DE RADIO NA BIBLIOTECA EN SANTIAGO

 


Celebráronse as primeiras Xornadas de Radio na Biblioteca Escolar en Santiago, organizadas por Bibliotecas Escolares de Galicia, e nós tivemos a sorte de participar nelas co alumnado que forma parte da Radio na Biblio.

A xornada comezou cun obradoiro a cargo de Cristina Collazo, de teatro radiofónico, que nos deixou unha fermosa reflexión: “A palabra é igual ca a imaxe… con elas voas a un mundo cheo de fábulas e contos… só tes que poñerlle voz!”. Durante o obradoiro tamén nos falou de diferentes técnicas para mellorar a articulación, a pronunciación e a expresión oral.Rematamos o obradoiro creando un conto dando o toque teatralizado coa voz. Foi unha experiencia moi enriquecedora.
Grazas, Cristina!

A continuación, asistimos a varias entrevistas realizadas dentro do espazo radiofónico, nas que participaron persoas como a presentadora Esther Estévez, a piragüísta Teresa Portela ou Miguel Ángel Cajigal. Todos/as destacaron a importancia de ler, de investigar previamente a traxectoria da persoa entrevistada, de saber escoitar e do valor do traballo en equipo, principios que ás veces tenden a perderse, pero que desde a nosa biblioteca temos moi presentes e queremos seguir fomentando.

Ademais, foi unha oportunidade magnífica para convivir e compartir experiencias con alumnado doutros centros, enriquecendo aínda máis esta xornada tan especial arredor da radio e da biblioteca escolar.

jueves, 18 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA AS VACACIÓNS

 O Nadal é tempo de descanso, de viaxes reais e imaxinarias, e de deixarse levar polas historias que agardan entre páxinas. Na nosa biblioteca atoparedes unha escolma de lecturas pensadas para todos os gustos e idades, perfectas para gozar sen présas durante as vacacións.

Todos os títulos recomendados están dispoñibles na biblioteca e tamén no ELBE-2, para que poidades ler onde e cando queirades. Ademais, como novidade este ano, ampliouse o número de préstamos a 15 libros por persoa.

Achegádevos, escollede a vosa próxima lectura e deixade que os libros vos acompañen nestas vacacións.

 Boa lectura!

miércoles, 17 de diciembre de 2025

ECO RETO DE DECEMBRO: REUTILIZAMOS DE FORMA SOLIDARIA

 


Mañá martes celebraremos no colexio un mercadillo solidario dentro do proxecto de valores e innovalab . Pasaremos todo o día no corredor do centro, converténdoo nun pequeno espazo de esperanza. A recadación irá destinada a Javi, un neno asturiano con NEDAMSS, unha enfermidade rara que loita por facer visible dende a súa historia e a súa forza.
📝O alumnado de sexto, tras ler unha noticia no xornal durante as sesións de aula, sentiu o latexo da empatía e decidiu transformar as súas aprendizaxes en acción. Así naceu esta proposta que convida a toda a comunidade educativa a sumar graos de luz para Javi e a súa familia.
Grazas a todas as familias que colaborasteis nesta iniciativa reutilizando obxetos e materiais para darlles unha segunda vida.

Primeiro visita o centro de día polo Nadal

  O alumnado de 1º de EP baixou facer unha visita ao centro de día para compartir unha actividade en conxunto cos ususarios do centro e aproveitaron para deixar a carta no buzón de Papá Noel.

martes, 16 de diciembre de 2025

Club de teatro

 Este curso abrimos de novo ao alumnado o club de teatro. Intentaremos dar a coñercer as linguaxes escénicas dentro da escola, aproveitandoo como un medio de expresión, reflexión e desarrollo persoal.

lunes, 15 de diciembre de 2025

Plantamos allos con 1º de EP

  Esta semana, o alumnado de primeiro de primaria sementou allos no noso horto escolar. Aínda que a terra estaba moi mollada, decidimos deixar a semente plantada, confiando en que, co paso do tempo e coidados axeitados, poidamos recoller os seus froitos dentro dunha tempada.

domingo, 14 de diciembre de 2025

Ecoreto decembro: REUTILIZAMOS: O nadal dos diferentes países

 

No cole seguimos fomentando o uso das 3R: reducir, reutilizar e reciclar. Neste nadal coa axuda da profe de relixión, Yoli, démoslle un novo uso aos envases dos actimeis. O alumnado do centro elaborou o nadal en 4 países cos personaxes incluídos.

Precisamos fomentar ao alumando na concinciación medioambiental para poder garantir mediante as nosas accións un mundo máis sostible para todos e a mellor forma e facendoos participes no proceso.

sábado, 13 de diciembre de 2025

Club lectura 5º EP

No club de lectura  de 5º, durante este trimestre mergullámonos na historia de A mansión dos Pampín. A lectura inspirounos tanto que, como actividade final, decidimos deseñar a casa dos nosos soños. Cada quen imaxinou o seu fogar ideal e plasmouno con creatividade, ilusión e moita fantasía. Foi unha maneira perfecta de pechar a lectura, deixando voar a imaxinación igual que fixemos co libro.

viernes, 12 de diciembre de 2025

GIFS navideños

O martes 9 e o mércores 10 de decembro a aula de polos  e na biblioteca crearon gifs navideños, o alumnado puido dar renda a creatividade. Unha maneira divertida de despedir os obradoiros deste ano .

jueves, 11 de diciembre de 2025

POESÍA (parte III)

 

O venres 11 de decembro a nosa biblio converteuse nun recital de poesía.

Poesía (parte II)



 Ao longo do trimestre xuntámonos para ler versos, comentar o que nos inspiraban e tamén para crear unha fermosa manualidade relacionada co mundo poético da estación na que estamos.

martes, 9 de diciembre de 2025

Visitamos a gardería polo nadal

  O martes 9 de decembro voluntarios de 3º de EP baixaron contar uns contiños polo nadal aos máis peques do concello.

sábado, 6 de diciembre de 2025

REFRÁNS, POEMAS...DE OUTONO


 “A piques de rematar o outono, queremos compartir unha recopilación dos traballos realizados nas aulas: refráns, poemas e pequenas creacións literarias inspiradas nesta estación tan especial."

viernes, 5 de diciembre de 2025

UN NADAL CON GLOBOS GRAZAS A IMAXINATIA: O NOSO BOSQUE MÁXICO

 


Comezo dando as grazas a Carmen de Imaxinatia, porque grazas a ela este proxecto puido facerse realidade. Persoas como ela, con ilusión e xenerosidade, demostran que cando unimos esforzos somos capaces de crear cousas verdadeiramente fermosas.

Foron dous días de intenso traballo, tanto de Carmen como das súas colaboradoras, e aínda así atoparon tempo para compartir coa rapazada da ESO a beleza da súa profesión, así como para achegar unha tarde de traballo compartido ás familias que viñeron o martes.

Moitas grazas a todas e todos por facer posible esta marabillosa decoración con globos. Este mes de decembro o colexio luce máis acolledor, máis alegre e máis máxico ca nunca.

OBRA DE TEATRO "OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE"


 Hoxe tivemos no colexio, grazas á Deputación de Lugo e ao AMPA, unha obra de teatro para os alumnos de 3º e 4º da ESO representada polo Grupo Rebuldeira, formado por alumnado da aula de formación teatral de Sarria, a súa paixón polas artes escénicas, leva ao grupo a continuar coa formación interpretativa e así amosar o seu traballo en todos os lugares que o soliciten. 

A obra é unha versión de Castelao "Os vellos non deben namorarse", esta é unha comedia sobre os amores máis ben tolos.

jueves, 4 de diciembre de 2025

Entrevista con Andrea de Asubíos da Chaira (club da radio)

  O primeiro grupo do club da radio entrevista a  Andrea. A profe de música tradicional que creou o grupo de música da zona, Asubíos da Chaira vén a nosa radio para falar da III gala benéfica que se celebra o 12 de decembro no noso cole. Contará con numerosos artistas neste nadal; todo o recaudado vai destinado ao cancro infantil. Non perdades a entrevista ao completo e axudemos a ASANOG para que reciban a maior cantidade na venta das entradas.