domingo, 12 de mayo de 2024

APERTURA DA BIBLIOTECA AS FAMILIAS

 

Despois de intentalo en varias ocasións chegou o día, foi unha tarde cargada de emocións, de música, de risas, de xogos, de galletas...a partir de agora, esperámosvos os martes a partir das 16h.
Grazas a todas as familias que viñeron a pasar a tarde con nós!

Comezamos a tarde coa abella MEL e dous apicultores moi especiales, era unha abella  que lle daban alerxia as flores.




Logo conversamos acerca de como está distribuida a biblioteca, con que programas contamos actualmente (voluntariado, creativas, plambe, club de lectura en primaria e secundaria), como faremos os préstamos este ano co carné dos seus fillos...o horario, que abrirá os martes a partir das catro.
Damos as grazas a asesora de Bibliotecas de Lugo polo préstamo da maleta viaxeira con libros para as familias, para o ano a ver se podemos contar co programa.

Tamén contamos como comezou o traballo na biblioteca hasta convertirse no corazón do centro, apoiadas de cerca sempre polo equipo directivo e profesorado do centro que colabora nas actividades que se propoñen e familias que tamén sempre están dispostas a colaborar nas nosas propostas, xa estando moi presentes en infantil este curso que acompañaron aos seus fillos/as contando contos nas aulas e este traballo que non só queda na biblioteca senón que sae fora dela colaborando co centro de día e garderia do concello na maioría das conmemoracións do centro, e en cursos anteriores a colaboración coa asociación de veciños de Pino para crear a biblioteca rural con expurgo que realizamos na nosa biblioteca, tamén dentro do programa de BIBLIOTECAS SOLIDARIAS de voluntariado, acudimos ao HULA para facer lecturas cos usuarios con motivo do día do libro e tamén as familias fixeron doazon de libros entre outras moitas actividades que se fan arredor da biblioteca.

Tamén contamos con dos trombonistas de luxo: Alex e Martín



Deixando as súas pegadas no libro de visitas

non podiamos rematar sen facer unha lectura, neste caso unha historia de titulada "el mundo" de Eduardo Galeano, moi especial para min!

E nunha xuntanza non pode faltar algo de comer, e as cociñeiras do centro fixeron galletas e bizcoito para colaborar con esta inaguración tan bonita.

Ainda quedou tempo para xogar






e non marchamos sen sacar unhas fotos no PHOTOCALL





























MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE VIÑERON!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario