sábado, 25 de abril de 2026

SEMANA DO DÍA DO LIBRO

 

🌈📚 SEMANA DO LIBRO 📚🌈

Esta semana o noso centro énchese de maxia, palabras e historias que voan da man da imaxinación. Convidámosvos a viaxar con nós polo marabilloso mundo dos libros! ✨

📖 Luns
Comezamos a semana cun momento moi especial: as persoas usuarias do Centro de Día visitaranos para compartir cos máis pequenos de Infantil fermosos contos cheos de emoción e tenrura. Un encontro entre xeracións arredor das historias. 💛


📚 Martes
O voluntariado da biblioteca levará a maxia da lectura á escola infantil, onde contarán contos cheos de fantasía, risas e aprendizaxe. Porque as historias medran cando se comparten! 🌱

🎭 Xoves
Visitaremos o HULA para realizar unha xornada moi especial: lecturas de poesías, entrega de marcapáxinas e doazón de libros. Un xeito precioso de levar a lectura a todos os recunchos e compartir ilusión. 💌📖

📢 Durante toda a semana…
No centro, o alumnado converterase en auténtico recomendador literario, creando anuncios de libros interesantes para animar a outros a descubrir novas lecturas. 🎨📚

🐺🦒 E para rematar…
Desfrutaremos dunha divertida animación á lectura cos libros “O lobo Ramón” e “A xirafa e o pelícano” de Santillana, cheos de aventuras e personaxes inesquecibles.

💫 Unha semana para soñar, aprender e viaxar sen saír das páxinas dun libro. Porque ler… é vivir mil historias! 💫

sábado, 18 de abril de 2026

DINAMIZACIÓN DA EXPRESIÓN ESCRITA

O programa Leo Lab ten como obxectivo mellorar a competencia lectora e escritora do alumnado a través dunha aprendizaxe activa e motivadora, baseada no xogo.
Dentro deste programa, o alumnado de segundo aprende xogando con xogos moi variados, como buscar e descubrir palabras, completar e construír frases, ordenar textos, asociar imaxes con palabras, escribir pequenos textos e resolver retos relacionados coa lectura.
Estes xogos fan que a aprendizaxe sexa máis divertida e adaptada ás diferentes idades e ritmos de aprendizaxe.

8M

Charla coa nosa profe Rosa de Química, falou sobre a nena e a ciencia. Ela contou como era de pequena e como sempre tivo curiosidade por aprender, aínda que antes ás nenas non se lles animaba tanto a estudar ciencia.
Relacionamos a charla co 8M, xa que este día lembra a importancia da igualdade e de que as nenas poden ser científicas, investigadores, mestras e conseguir o que se propoñan.
A súa historia anímanos a crer en nós mesmas e a loitar polos nosos soños. 💜

COLABORACIÓN 4º DA ESO E 2º DE PRIMARIA CO EXPERIMENTO O CICLO DA AUGA

 Vivimos unha experiencia moi especial,

O alumnado de 4º da ESO preparou un experimento moi chulo para explicar o ciclo da auga aos nenos e nenas de 2º de Primaria e 5º de Infantil 💙
Con só un vaso con auga quente e un prato con xeo, puidemos ver como a auga “viaxa”: 💨 sobe como vapor,
☁️ convértese en nubes,
🌧️ e cae de novo como chuvia.
Os máis pequenos quedaron encantados vendo como aparecían as pingas, e os maiores fixeron un traballo incrible explicando todo con moita paciencia e ilusión 👏
Unha actividade preciosa onde aprenderon uns e outros… e na que compartiron ciencia, curiosidade e moitas ganas de descubrir 🌍✨

SEMANA DAS MATEMÁTICAS

 


Para celebrar o Día das Matemáticas, esta semana está chea de actividades e retos para desfrutar aprendendo organizados pola profe Lucia de Mates.