Celebráronse as primeiras Xornadas de Radio na Biblioteca Escolar en Santiago, organizadas por Bibliotecas Escolares de Galicia, e nós tivemos a sorte de participar nelas co alumnado que forma parte da Radio na Biblio.
A xornada comezou cun obradoiro a cargo de Cristina Collazo, de teatro radiofónico, que nos deixou unha fermosa reflexión: “A palabra é igual ca a imaxe… con elas voas a un mundo cheo de fábulas e contos… só tes que poñerlle voz!”. Durante o obradoiro tamén nos falou de diferentes técnicas para mellorar a articulación, a pronunciación e a expresión oral.Rematamos o obradoiro creando un conto dando o toque teatralizado coa voz. Foi unha experiencia moi enriquecedora.
Grazas, Cristina!
A continuación, asistimos a varias entrevistas realizadas dentro do espazo radiofónico, nas que participaron persoas como a presentadora Esther Estévez, a piragüísta Teresa Portela ou Miguel Ángel Cajigal. Todos/as destacaron a importancia de ler, de investigar previamente a traxectoria da persoa entrevistada, de saber escoitar e do valor do traballo en equipo, principios que ás veces tenden a perderse, pero que desde a nosa biblioteca temos moi presentes e queremos seguir fomentando.
Ademais, foi unha oportunidade magnífica para convivir e compartir experiencias con alumnado doutros centros, enriquecendo aínda máis esta xornada tan especial arredor da radio e da biblioteca escolar.
sábado, 20 de diciembre de 2025
XORNADA DE RADIO NA BIBLIOTECA EN SANTIAGO
jueves, 18 de diciembre de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA AS VACACIÓNS
O Nadal é tempo de descanso, de viaxes reais e imaxinarias, e de deixarse levar polas historias que agardan entre páxinas. Na nosa biblioteca atoparedes unha escolma de lecturas pensadas para todos os gustos e idades, perfectas para gozar sen présas durante as vacacións.
Todos os títulos recomendados están dispoñibles na biblioteca e tamén no ELBE-2, para que poidades ler onde e cando queirades. Ademais, como novidade este ano, ampliouse o número de préstamos a 15 libros por persoa.
Achegádevos, escollede a vosa próxima lectura e deixade que os libros vos acompañen nestas vacacións.
Boa lectura!
miércoles, 17 de diciembre de 2025
ECO RETO DE DECEMBRO: REUTILIZAMOS DE FORMA SOLIDARIA
Mañá martes celebraremos no colexio un mercadillo solidario dentro do proxecto de valores e innovalab . Pasaremos todo o día no corredor do centro, converténdoo nun pequeno espazo de esperanza. A recadación irá destinada a Javi, un neno asturiano con NEDAMSS, unha enfermidade rara que loita por facer visible dende a súa historia e a súa forza.
📝O alumnado de sexto, tras ler unha noticia no xornal durante as sesións de aula, sentiu o latexo da empatía e decidiu transformar as súas aprendizaxes en acción. Así naceu esta proposta que convida a toda a comunidade educativa a sumar graos de luz para Javi e a súa familia.
Grazas a todas as familias que colaborasteis nesta iniciativa reutilizando obxetos e materiais para darlles unha segunda vida.
Primeiro visita o centro de día polo Nadal
martes, 16 de diciembre de 2025
Club de teatro
lunes, 15 de diciembre de 2025
Plantamos allos con 1º de EP
domingo, 14 de diciembre de 2025
Ecoreto decembro: REUTILIZAMOS: O nadal dos diferentes países
Precisamos fomentar ao alumando na concinciación medioambiental para poder garantir mediante as nosas accións un mundo máis sostible para todos e a mellor forma e facendoos participes no proceso.

